Galicia Encantada

· AUTOR-COORDINADOR (+ info)
· HISTORIAS CON HISTORIA
· BIBLIOTECA
· ÁREA RE-CREATIVA
· COLABORADORES
· DICIONARIO
· DIDÁCTICA DA FANTASÍA
· FLOR DE MESTRES
· MEDIATECA
· O QUE SE DI
· OUTRAS FANTASÍAS
· PREMIOS
· REVISTA (ISSN 1887-2859)
· RUTAS ENCANTADAS
· NOVAS / INICIATIVAS
· Alén, Máis Alá
· Andel de Marabillas
· Astroloxía/Metereoloxía
· Augas
· Calendario
· Cocos, monstros
· Contos da tradición oral de Galicia
· Demo e o seu mundo
· Edificios encantados
· Fauna
· Festas e mitoloxía relixiosa
· Flora
· Galicia desaparecida
· Heroes e heroínas
· Historias encantadas
· Lendas urbanas
· Literatura oral
· Lume
· Medicina
· Morte
· Pedras
· Poéticas do imaxinario
· Publicacións
· Ritos, Obxectos..
· Sabía que...
· Santiago e a peregrinaxe
· Seres míticos
· Tesouros
· Toponimia
· Veciñanzas
· Webs encantadas
· Xeografía mítica
· Xogos


Cando Rosendo comezou a chamarse San Rosendo

Certo día, estaba Rosendo no Mosteiro de Caaveiro, concello d’A Capela (A Coruña), como era habitual, e aquel día ía mal tempo, pois lostregaba e saraibaba moito. Rosendo asomouse á ventá da súa celda e exclamou:
—Que día máis malo vai hoxe!
Ao pouco deuse de conta que pecara indo en contra da vontade de Deus e non sabendo que facer para que lle perdoase, baixou ao río Eume, que pasa aos pés do convento, sacou o anel e tirándoo ás augas, dixo:
—Cando o meu pecado me sexa perdoado, que se me devolva este anel.
Pasou o tempo e ao cabo de dous anos, un bo día o frade cociñeiro foi ao río pescar. Pillou un salmón ben grande e voltou ao convento coa intención de preparalo. Cando estaba limpando o peixe, atopou o anel no ventre do salmón. Despois disto, levoullo a Rosendo e o frade, cando viu o seu anel, berrou ansioso:
—O meu anel! Deus perdooume!
A partir dese momento, Rosendo pasou a ser San Rosendo.

BIBLIOGRAFÍA

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Festas e mitoloxía relixiosa
Xeografía mítica

Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:


Copia no cadro os seguintes números*:

* Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.


Coordinador de contidos: Antonio Reigosa
Coordinador técnico: Manuel Fernández Prado (Lugonet)
Diseño web de Lugonet