Galicia Encantada

· CONCURSO
· ÁREA RE-CREATIVA
· COLABORADORES
· DICIONARIO
· DIDÁCTICA DA FANTASÍA
· FLOR DE MESTRES
· MEDIATECA
· O QUE SE DI
· OUTRAS FANTASÍAS
· PREMIOS
· REVISTA
· RUTAS ENCANTADAS
· NOVAS
· A Morte
· Andel de Marabillas
· Astroloxía
· Augas
· Calendario
· Cocos, monstros
· Edificios encantados
· Fauna
· Flora
· Galicia desaparecida
· Heroes
· Historias encantadas
· Lendas urbanas
· Literatura oral
· Lume
· Medicina
· Mitoloxía relixiosa
· O alén
· O demo
· Pedras
· Publicacións
· Ritos, Obxectos..
· Sabía que...
· Santiago en Galicia
· Seres míticos
· Toponimia
· Webs encantadas
· Xeografía mítica
· Xogos


Da fala dos brañegos

Título completo: Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín.
Editorial: Servicio de Publicacións da Excma. Deputación Provincial de Lugo
Ano de publicación: 2004.
Lugar de publicación: Lugo
ISBN: 84-8192-262-5
Autores: CARNERO, Ofelia; CUBA RODRÍGUEZ, Xoán Ramiro ; REIGOSA CARREIRAS, Antonio; SALVADOR, Mercedes.
Descripción: 387 p.: 22x15 cm.
Contidos: 51 lendas, 168 contos, 27 romances, 176 (cancioneiro, adiviñas...).


Do Prólogo, por Armando REQUEIXO.
A modo de soarego: do grupo «Chaira» e a Escola Etnográfica Mindoniense.

«Vivimos nun mundo onde a televisión e a Internet van, aos poucos, asolagándoo todo. É a era do audiovisual, das videoconferencias, dos multimedia. Nun tempo así, unha cultura vedraia como a que representa a literatura tradicional de transmisión oral fica, ao ver de moitos, relegada pouco menos que á categoría do folclórico curioso, unha sorte de pasado enxebre ritualizado.
Xustamente por iso, a recuperación dese herdo ancestral, raiceira indiscutible da nosa memoria cultural e histórica, configúrase como unha necesidade de primeira orde, pois o estudo e fixación desas creacións en soportes perdurables no tempo é a única vía posible que nos resta para preservar o seu coñecemento e legarllo ás vindeiras xeracións, toda vez que o mundo que sostiña activamente este tipo de produción artística vai devagar desaparecendo cos recordos e saberes de cada ancián que nos deixa.
Sabedor de tal circunstancia, o Grupo de Investigación Etnográfica «Chaira», composto polos escritores e estudosos Ofelia Carnero Vázquez, Mercedes Salvador Castañer, Xoán Ramiro Cuba e Antonio Reigosa, leva dende 1992 laborando arduamente na recolleita e análise de materiais orais tradicionais no norte lucense, nunha área que podemos identificar como mindoniense na máis ampla acepción, isto é, entendendo por tal aquel territorio coincidente en liñas xerais co que foron os límites naturais da vella provincia do antigo Reino de Galicia.
Neste sentido, o traballo levado a cabo por «Chaira» continúa unha liña investigadora e recompiladora que conta cunha subtradición propia, a da «Escola Etnográfica Mindoniense», que tería entre os seus colectores pioneiros a persoeiros da talla de Manuel Leiras Pulpeiro ou Antonio Noriega Varela. Ambos e dous amosaron o seu interese polas máis diversas manifestacións literarias tradicionais e orais da área mindoniense no gume divisorio dos séculos XIX e XX, tal e como demostran os importantes traballos compilatorios de natureza etnográfica, paremiolóxica, literario popular e lingüística que chegaron a publicar.
Leiras Pulpeiro recolleu e editou valiosos textos nesta liña, como a colección de refráns aparecidos en 1893 na revista coruñesa Galicia ou os cantares e adaxios reproducidos en 1913 en diferentes números do Boletín da Real Academia Galega.
Do mesmo xeito, tamén Noriega Varela deu ao prelo cantares populares e adiviñanzas da bisbarra mindoniense no Boletín da Real Academia Galega en 1912, ademais de noutras publicacións galegas do momento, como Nós −coa que colaborou nos números iniciais de 1920−, Vida Gallega −na que apareceron diversas entregas ao longo de 1931− ou O gaiteiro de Lugo −para o que escribiu en 1933. Pero o seu labor como colector salienta, sobre todo, nas monografías A Virxen y-a paisanaxe. 100 cantigas populares (1914) e Como falan os brañegos (1928).
Naquel primeiro terzo do século XX e, máis aínda, ao longo de boa parte dos anos de Posguerra a figura máis destacada da Escola Etnográfica Mindoniense foi, sen dúbida, Eduardo Lence-Santar e Guitián, por máis que non poidan deixar de amentarse aquí tamén, sequera de pasada, algúns meritorios traballos realizados por Raimundo Aguiar en 1932

BIBLIOGRAFÍA

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Publicacións

Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:


Copia no cadro os seguintes números*:

* Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.

Coordinador de contidos: Antonio Reigosa
Coordinador técnico: Manuel Fernández Prado (Lugonet)