O Castro de Santa Tegra atópase na Garda (Pontevedra).
É un dos castros mais coñecidos debido a sua localización entre o estuario do río Miño, o Atlántico e a vila da Garda. A datación deste xacimento é moi controvertida. Na actualidade alguns autores dan como datas da súa ocupación entre os séculos I a.C. e I d.C., dentro totalmente da época romana. Datacions anteriores situaban os seus orixes no VI a.C. e o seu abandono no III d.C. Outras teorías sitúan neste emprazamento o mítico monte Medulio. Sexa como for, o monte Santa Tegra, debeu de estar habitado dende moito tempo atrás coma o demostran os petroglifos atopados entre as construcións castrexas e incluso debaixo delas.
Información atopada en historiadegalicia.fiestras.com
Enviado por Marghó o 07/05/2008 ás 14:21:55