Actualizado en data 23/09/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

CATEGORÍAS RELACIONADAS

X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes... con historia

 

X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes... con historia

21 de outubro de 2017

Co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega

Somos singulares porque cadaquén temos reservado en exclusiva un nome e uns apelidos; sabemos onde andamos e vivimos, o lugar que ocupamos no universo, porque pisamos territorios nomeados. Relacionámonos case exclusivamente con palabras que son consecuencia de ideas, pensamentos e accións verbalizábeis. Moitas veces este vivir acelerado fai que, sen decatarnos, esquezamos, que borremos da memoria a música de moitas das palabras que foron arrolo no berce das nosas vidas. 

Para recuperar e actualizar esa memoria, nesta décima edición da Xornada de Literatura de Tradición Oral –da man de coñecidas/os especialistas en toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía–, decidimos evocar a memoria das palabras que, tanto se as usamos coma se non, aínda están impresas no noso mapa emocional. Porque unha parte decisiva da nosa persoal e particular historia está rexistrada na alma das palabras.

Hai dúas modalidades de inscrición, ambas gratuítas e ambas até o 19 de outubro de 2017 (inclusive):

1. O profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario que teñan interese no título homologado pola Consellaría de Educación (8 horas), deben inscribirse na web da AS-PG: http://www.as-pg.gal/Xestion/Curso/EncontrarCursos.do?identifierType=CURSO_ID&identifier=411

 2. Aquelas persoas que non se atopen entre as destinatarias poderán asistir á xornada e, anotándose previamente en oficina@aelg.org, recibir un diploma de asistencia emitido pola AELG. Indicarase na mensaxe o nome completo e o número do documento de identidade. 

A matrícula é preferente para Socias-os da AELG e da AS-PG.
A entrada é libre.

 Con esta iniciativa da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, a Asociación quere dar continuidade a unha colaboración coa Deputación de Lugo que pretende darlle a importancia que merece a esta parte fundamental da literatura e que axuda a converter a capital lucense nun referente neste ámbito. A xornada será o sábado 21 de outubro de 2017 e terá lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Contaremos coas/cos relatoras/es Xulia Marqués Valea, Gonzalo Navaza, Isidro Novo, Mª Rosario Soto Arias, e mais cun faladoiro con Xesús Antón Gulías (investigador), Marcos Escudero, Xabier Quijada e Faustino Santiago Lema (canteiros), no seguinte programa:

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

10.30-11.30 Conferencia

Os sinais de identidade na tradición oral: breve achegamento dende o sistema antroponímico galego

Xulia Marqués Valea 

11.30-12.30 Conferencia

Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio

Isidro Novo

12.30-14.00 Mesa redonda

Saber o seu nome sen perder a súa voz

Xulia Marqués Valea e Isidro Novo.

Coordina: Antonio Reigosa

16.00-17.00 Conferencia

Presenza de valores antropolóxicos, etnográficos e míticos na fraseoloxía

Mª Rosario Soto Arias

17.00-18.00 Conferencia

Toponimia e lendas

Gonzalo Navaza

18.00-19.30  Mesa redonda

O abecé do noso ADN simbólico-cultural

Mª Rosario Soto Arias e Gonzalo Navaza.

Coordina: Isidro Novo

19.30-20.30 Sesión práctica

Palabras con misterio: O Latín dos canteiros

Faladoiro con Xesús Antón Gulías (investigador), Marcos Escudero, Xabier Quijada e Faustino Santiago Lema (canteiros).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: