Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Morte

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As pedras de Vián

Na casa de Lorigados de Vián, concello de A Pastoriza (Lugo), isto pasou polos primeiros anos do século XX, caían pedras de día e de noite dentro da casa.
Vírono moitos, da casa e forasteiros. Ás veces, cando comezaban a caer as pedras, a xente botábase fóra da casa pero nunca viron quen as tiraba. Unha vez ao Lorigados deulle unha pedra na cabeza e sangraba coma un carneiro; noutra ocasión a un da Graña, que se atopaba na cociña, unha pedrada mondoulle tres dentes.
O dono da casa, vendo que non había remedio, foi confesar, deu cartos para unhas misas e acabouse o das pedras.
Manoel Carracedo, garda da catedral de Mondoñedo, que foi quen contou o caso, supón que as pedras as tiraba algún defunto da casa que estaba en pena.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: