Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Tempos de festa en Galicia

A obra “Tempos de festa en Galicia”, consta de tres tomos. Nela descríbense e estúdanse conmemoracións tradicionais que perduran hoxe con notables concorrencias fronte a outras en declive, pero que paga a pena gardar na memoria viva, por canto entrañan lendas, historias ou rituais de fondo significado.
O guión proposto para o traballo de campo e o estudo de cada evento consta de seis puntos:
1º. As peculiaridades do marxo xeográfico-cultural onde se conmemora a festa.
2º. A orixe, a historia e as lendas sobre advocación que se festexa ou ben sobre o lugar da celebración.
3º. A interpretación antropolóxica da festa co seu encadre no marco de civilización.
4º. Outros datos singulares da parroquia ou da zona, aínda que non se refiran expresamente ao festexo.
5º. Documentación gráfica, histórica e actual relativas a cada unha das celebracións festivas escolmadas.
6º. Suxestións bibliográficas.
O primeiro tomo, composto de trinta capítulos, foi escrito polos seguintes autores:
Luís Costa Vázquez (7 capítulos). Juan José Cebrián Franco (3). Olegario Sotelo Blanco (1). Rosa Pena Fernández (1). Ángel Fernández Fernández (1). Xosé Manuel González Reboredo (4). Xosé Manuel Blanco Prado (4). Federico Cocho de Juan (4). Xavier Groba González (1). Xerardo Dasairas Valsa (1). Manuel Vilar Álvarez (1). Benxamín Vázquez González (1). Xosé Carlos Sierra Rodríguez (3). Clodio González Pérez (4). Nieves Amado (1).
A coordinación e métodos de traballo foi elaborada por Benxamín Vázquez González e por Carmela Vázquez Paz. A mesta fraga das festas de Galicia por Xosé Manuel González Reboredo. As fotos foron realizadas por Vitor Vaqueiro, Xavier Vázquez Cobas e Carlos Puga. A cartografía por Marina Vázquez Paz. A traducción ao galego foi levada a cabo por Juan José Cebrián Franco e Rosa Pena Fernández. Finalmente, é mester aludir de novo a Benxamín Vázquez González, como coordinador deste proceso de investigación.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: