Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Publicacións

Cabalo buligán, 16: Contos de encantamento, II

Editorial: Edicións Xerais de Galicia Ano de publicación: 2002. Lugar de publicación: Vigo ISBN: 84-8302-867-0 Autores: MIRANDA, Xosé, Reigosa, Antonio. Ilustracións: Fernando L. JUÁREZ Descripción: 73 páx; Il. en color. Colección: Cabalo buligán, 16. Contos: Os tres atopes, por Xosé Miranda. Un home de trescentos anos. As tres nenas e a Virxe. O Xudeo Errante. Ero e o paxariño. Santo Amaro na illa do Paraíso. Xenoveva de Brabante, por Antonio Reigosa. A colección Cabalo buligán reúne nos seus 20 volumes 198 contos da nosa tradición oral, son as nosas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un conto. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou princesas, en torres que acobillan aos que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corredoiras da imaxinación.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: