Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

[Conto Tipo 1730 A*] Mícolas

Este conto trata dunha parella de mozos namorados que vivían nunha aldea preto de Friol na provincia de Lugo. A rapaza era filla dun fidalgo con grandes propiedades que non vía ben os amores da súa filla porque o mozo non tiña capital algún nin tampouco moita disposición para traballar. Estando así as cousas, os rapaces acordaron un contrasinal para se ver ás agachadas do pai dela. Deste xeito, cando o mozo chegara á casa da rapaza, por diante da que tiña que pasar todos os días ao estar no camiño da fonte, él berraríalle "Mícolas" e se non houbera perigo para o encontro ela dende a fiestra contestaríalle "Mácolas", e así poderíanse ver sen medo de ser descubertos. O acordo funcionou, e grazas a el os mozos tiveron moitos encontros e disfrutaron do seu amor ata que un día, quizais por exceso de confianza, a moza respostou co seu “Mácolas” sen se decatar de que o pai que saíra había un anaco a un dos prados segar un pouco de herba tivera que voltar á casa a pola pedra de afiar a gadaña que se lle esquecera. Este esqu4ecemento permitiulle ser testemuña do encontro dos namorados, polo que sen descubrir que os vira, chamou á súa filla e mandouna a lavar a roupa ao lavadeiro, e logo foi tras do rapaz, a quen, valéndose da súa moi superior forza, levou ata a corte das vacas e alí atouno cunha corda e espiu de cintura para baixo á vez que ceibaba dous becerros novos recén nados, que aínda non coñecían ben a súa nai. Despois de pasadas dúas horas, deixóuno en libertade e díxolle que non o queria voltar a ver coa súa filla; e que se desobedecía, a cousa iría a maiores. O mozo seguía a pasar todos os días por diante da casa da que fora o seu amor e aceleraba o paso ao chegar a ela, aínda que dende a fiestra escoitara repetir con desespero: —¡Mácolas, Mácolas, Mácolas! E así un día e outro, ata que unha vez, xa cheo de carraxe ante a insistencia dela en darlle o contrasinal, berroulle todo alporizado: - ¡Nin son Mícolas nin son Mácolas! ¡Dille ao teu pai que se quere manter os becerros que merque vacas!

[Recompilado da tradición oral a Xan de Blanco, de Friol (Lugo), por Fernando Vázquez González, residente na Coruña]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: