Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Conto: Os lobos e a música [ATU-168: The Musician in the Wolf Trap]

VERSIÓN 1: O gaiteiro e o lobo

Ía un gaiterio camiño dunha romería polo medio do monte cando lle saíron os lobos. Asustouse moito e botou a correr, pero tremíanlle as pernas e aínda ben non se apartara un par de metros da manda, caeu ó chan e xa as feras o rodeaban.
Entón a gaita, que levaba aire no fol, quedou baixo do gaiterio e comezou a soar. Os lobos asustáronse e escaparon.
Desde aquela a xente que cruza montes de noite vai tocando a gaita para non ter medo dos lobos.

VERSIÓN 2: O pescador e o lobo

Un pescador ía pescar, preto da Fontebranca, cando lle apareceron os lobos. Colleu medo e subiuse a un piñeiro e agatuñando caeulle o cesto. Co ruído do cesto os lobos saíron a todo correr.
Entón o home dixo:
-Anda que se ó facer ruído escapan, ruído van ter.
E foi tocando ata a praia.

VERSIÓN 3: O Gaiteiro e os lobos
Era unha vez un gaiteiro que viña xa de tarde pola fraga dispois dunha parranda, e como tiña moito sono deitouse nunha pila de folla. Durmiuse, e estando durmido veu o lobo, oliscouno, e tapouno un pouco cas follas pensando quizais en voltar deica logo cos compañeiros.
O noso homiño, que se despertara ao sentir vir os lobos, subiuse a un carballo.
Viñeron os lobos e empezaron a fozar na folla, pero como non no atoparon, empezaron a pelexar co que os chamara.
Nesto que o noso gaiteiriño vendo a pelexa que tiña os seus pes, empezou a acerretar pra que lle seguiran zoupando o lobo que o descobriu, pero velaí que cando se dan de conta que o carallo da cea estaba no carballo, deixaron a pelexa e empezaron a roelo carballo. Mais cando o carballo xa ía a cair, o gaiteiriño pasou polas gallas a outro carballo.
Empezaron os lobos con mais fame aínda a roelo tamén. Pero agora xa non había outro pra facer o mesmo de antes. Ao darse conta, o homiño disto dixo.
- Me cago no mundo, si hei de morrer... que sexa tocando.
E empezou a tocar na gaita. Non se sabe como, pero en canto a gaita empezou a berrar, fuxiron os lobos coma se oisen as galochas do demo. O noso gaiteiro baixouse do carballo sen deixar de tocar a gaita, e tocando sen parar nin un momento chegou á aldea.
Dende entón os desta parroquia cando teñen que ir polo monte e non teñen armas levan a gaita.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Mi abuelo nació en Moucide en 1882, y me contaba esta historia de los lobos y la gaita. Recuerdo que mencionaba a un tal Pelostortos. Puede ser? Soy de Argentina

Enviado por Juan Rodríguez Pernas o 01/10/2007 ás 23:57:17


Enviar comentario a este artigo: