Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Repasando a peza de roupa negra

Estaba un home no leito a punto de morrer e pareceulle que se sentía algo mellor e berrou pola muller para lle pedir unhas poucas papas que tiña antollo. Mais como a muller non repondese baixou á cociña e encontrouna repasando unha peza de roupa negra.
-Que fas que non estás na cama? -preguntoulle a muller.
-E que quería unhas poucas papas, que me parece que teño debilidade. E ti que coses?
-Repaso esta touca que me vai facer falla hoxe para o loito.
E o home cae no chan estarricado xusto ao tempo no que, pasada a derradeira puntada, a muller facía voar a touca para deixala pousar por enriba dos ombros.

[Enviada por Xabier P. DoCampo desde A Coruña, en abril de 2012]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: