Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Ditos e refráns dos cogomelos] Se queres o teu marido matar ...

Fungo das sogras, Fungo das meigas (Coprinus atramentarius)
“Se queres o teu marido matar dálle fungos a fartar”
É tóxico se se toma con alcohol, ou algunha menciña, producíndose ao cabo de media a dúas horas un síndrome semellante ao que se coñece como efecto "antabus"´, aínda que non é o mesmo. Prodúcense taquicardías, vertixe, ronchas e envermellamentos na pel, febre e transtornos gastrointestinais.
Estas alerxias continúan durante un tempo (dous días mínimo) dependendo do consumidor se se volven a probar bebidas alcóholicas. Tamén se producen efectos se o alcohol se consumiu antes que o cogomelo.
Se non se bebe alcohol é un bo cogomelo, suave e delicado, pero nós non a aconsellamos.

“O viño faiche rir, a sogra hacho facer sufrir”
O Fungo das sogras tivo a súa sona porque foi usado para que o parente deixase de empinar o cotobelo (cóbado).
Foi utilizado mesturado na comida para que deixaran de beber.

[Texto e foto achegados por Cristovo Ruíz Leivas]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: