Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O cura e o paxariño

Un día nunha vila chamada Samos (Lugo), un cura foi a unha fonte que estaba nas afóras coller auga. Alí aparecéuselle un paxariño bastante grande con poucas cores na plumaxe. O cura mirou para aquel paxaro un pouco asustado e o paxaro pousóuselle no ombro e comezou a cantarlle moi suave, tanto que o cura quedou durmido.
Segundo conta a lenda, o cura botou durmindo preto de 2000 anos, aínda que a el só lle pareceron cinco marabillosos minutos.

Recompiladora: Andrea Álvarez Arias, alumna de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.
Informante: Encarnación Fernández (80 anos).
Lugar e data de recollida: Samos (Lugo), maio de 2006.
Lugar da lenda: Mosteiro de Samos, (xunto á Capela do Ciprés) (Lugo)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Hai moitas versións desa mesma lenda en varios lugares poboados polos celtas. Para máis información: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2014/08/17/sueno-duro-trescientos-anos/0003_201408A17C7991.htm

Enviado por Estela o 14/01/2018 ás 17:34:41


Enviar comentario a este artigo: