Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Medicina

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A fonte dos ovos podres da Recadieira

No barrio do Coto da Recadieira, en Mondoñedo (Lugo), nun sitio que se chama O Mazo haI unha fonte. As súas augas son curativas e usábanse para aliviar as dores de estómago, os riles e o fígado, e tamén os grans da cara. Á fonte chegaba xente de moitos lugares, e quedábase durante varios días nas casas dos veciños porque tiña que tomar as augas nove días seguidos. A auga da fonte cheira a ovos podres, e de aí lle vén o nome.

Recompiladora: Aitana Duarte Reigosa. 1º ESO, IES ‘San Rosendo’, Mondoñedo (Lugo).

Grupo ‘Olllomao’ (ENDL do IES ‘San Rosendo’)

Informante: Berta Reigosa Pérez (68 anos)

Lugar e data de recollida: Mondoñedo, abril de 2016.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: