Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 04 (2008).-BLANCO PRADO, J. M.: O San Estevo de Vilapedre, Vilalba (Lugo). O santo das gravatas

©José Manuel Blanco Prado (http://www.galiciaencantada.com) _________ [Artigo publicado anteriormente na Pena do Encanto (Boletín Informativo de Estudios Chairegos), nº 4, Vilalba, 2007, páxs. 38-40] O S. Estevo, coñecido popularmente como “O Santo das gravatas”, atópase dende antano nunca capela, situada preto do río Eume, pertencente dende o punto de vista eclesiástico ó arciprestado de Vilalba e a diócese de Mondoñedo – O Ferrol, e dende o civil á parroquia de Vilapedre, ó concello de Vilalba e á provincia de Lugo. A devandita parroquia constitue un importante ámbito territorial de índole montañosa que chega a acadar os 900 metros de altitude na Carba, ocupando os seus montes a marxe esquerda do río Eume. De tódolos xeitos, nas súas entidades de Fraguas e Porto de Bois comeza a planicie característica da Terra Chá. Esta parroquia é unha das maís importantes do concello como o reflicte o feito de que a súa poboación está distribuída en 37 entidades cunha densidade media de poboación de 6,1 hab/km2. A DEVOCIÓN POPULAR A festividade do santo celébrase un sábado da primeira quincena de outono. Así, no ano 2005, conmemorouse o oito de outono, e ao ano seguinte o catorce do mesmo mes. Neste día acuden ao recinto sagrado devotos procedentes de A Balsa (Muras), Irixoa (Muras), Vilapedre (Vilalba), S. Simón da Costa (Vilalba), Lanzós (Vilalba), Vilalba pobo, Muras pobo, e doutras comunidades parroquiais pertencentes dun xeito preferente aos concellos de Muras e Vilalba. Os devotos ofrecense normalmente por si mesmos, máis hai algúns casos nos que veñen en nome doutros fieis, que polas súas doenzas non poden acudir ao santuario. O número de asistentes mantense constante nos últimos anos, podendo establecer a cifra de devotos nuns douscento cincoenta no ano 2006. As peticións máis usuais están relacionadas coas doenzas das persoas mais tamén coas enfermidades dos animais e a protección da facenda familiar. RITUAIS ROMEIROS As peticións dos fieis supoñen unha actitude de sumisión ao santo, que é considerado como un importante mediador diante de Deus. Para manifestar este sometemento ao poder sacro, os ofrecidos en xeral cumpren aquí, ao igual que outros santuarios, cunha serie de ritos que teñen como función impetrar a axuda do S. Estevo ou agradecerlle o don xa conseguido. Parte deles son os propios da liturxia oficial. E o caso da oir a misa solemne que celebra o párroco da freguesía ás trece horas e participar na procesión que segue á misa solemne. Esta procesión que percorre o perímetro da capela, levaba no ano 2006, os seguintes elementos: a. A cruz parroquial portada por un fregués da parroquia. b. A imaxe da Virxe dos Remedios, levada nas andas por catro devotas da freguesía. Esta imaxe foi restaurada no ano 1985. c. A imaxe do S. Estevo, portada nas andas polos dous ramistas do presente ano – Miguel e Santiago Seixas- e dous devotos da parroquia. d. Como remate, o crego concelebrante e algúns fieis colocados sen distinción de idade e sexo. Ademais da participación na liturxia oficial, os devotos realizan diferentes rituais populares. No transcurso da mañán bastantes fieis levan a cabo no interior da capela dous rituais fundamentais: o de poñer o santo e o de contacto coa imaxe por medio da gravata. O de poñer o santo consiste en que unha freguesa da parroquia, chamada Josefa Orosa Prieto, realiza unha cruz por riba da cabeza dos devotos cunha imaxe pequena do S. Estevo. Ó remate, os devotos bican a imaxe e deixan unha esmola nun peto. Durante a imposición a poñente recita a seguinte xaculatoria: “En el nombre del Padre, del Hijo y del E. Santo. Amén. S. Esteban que che deu a enfermedad, che dea a sanidad, polo poder que Dios ten, e da Virxen María. Amén” O ritual de contacto activo coa imaxe estática consiste en que algúns devotos colocan unha gravata na gorxa do Santo. Segundo a tradición hai varias razóns desta imposición: 1ª. Antano, os xoves da parroquia, cando ían a guerra civil, poñíanlle ó santo unha gravata sen nó. Ó volver, facíanlle o nó e deixabanllo pos

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: