Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Oración] Pai noso pequeniño (3)

Padrenuestro pequeniño
lévame por bo camiño
alá fun, alá cheguei
tres Marías encontrei
preguntando por Xesús
e Xesús estaba na cruz
na cruz e no altar
cos braciños a sangrar.
Tente, tente Madalena
non me vaias lastimar
que estas son as tres cruces
por ti, por min e por toda a cristiandá.

[Recompilado en Ducío, Arcos de Furcos, Cuntis (Pontevedra) por Maria j. Sanjiao Villanueva]
Observacións: De tradición oral foi pasando de avós a netos ata que o meu avó, Celestino Sanjiao Carballal, mo ensinou a min cando eu era cativa.
O meu pai ten unha versión diferente: Padrenuestro que ven o maestro co pau levantado, fuxide rapaces que ven rabiado.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Non varia moito pero este foi o que me ensinou a miña avoa dende que era ben pequena.

Padre nuestro pequeniño,
Dios te leve o meu camiño,
alá fun alá irei, tres marias atopei,
preguntando por xesus,
xesus estaba na cruz,
cos pesiños a sangrar,
vai chamar a Magdalena que mos veña a limpiar,
Magdalena tente tente non me veñas lastimar,
ue estas son as cinco chagas que por ti ei de pasar.

Enviado por María Pazos o 24/05/2013 ás 10:33:05


Hola. Mi abuela rezaba con nosotros eso todas las noches pero yo era tan pequeña q ya no me acordaba muy bien. Ella lo terminaba así:
Pequeniños e grandiños
a todos ei de salvar
Ainda que teñades mais pecados
do que areas hai no mar

Gracias!!

Enviado por Rocío Losada. Mi abuela Elvira Aris o 27/03/2020 ás 8:42:26


A min ensinoumo de pequeño miña nai como San Roquiño pequeniño…

Enviado por Suso o 11/08/2022 ás 22:32:26


Enviar comentario a este artigo: