Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Festas e mitoloxía relixiosa

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade

Título: Catálogo de cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade.
Editorial: O Castro, Sada, A Coruña.
Ano de publicación: 2004.
ISBN: 84–8485–147–8.
Depósito Legal: C –1591–2004.
Autores: ARRIBAS ARIAS, Fernando / BLANCO PRADO, José Manuel
Cuberta: X. Vizoso.
Asesor lingüístico: Xabier Rodríguez Barrio.
Debuxo e mapas: José Cancio Fernández.
Fotos: Fernando Arribas Arias.

No concello de Xermade realizamos unha catalogación e inventario de 58 cruceiros, 2 cristos e 34 cruces. Polo que respecta ós cruceiros, temos que precisar que moitos deles non presentan efixies, pero si base, fuste, capitel e cruz, elementos que para nós son suficientes para que si poidamos falar de cruceiro, denominación que, por outra banda, é a que lle aplican os lugareños. En cada parroquia de Xermade existe polo menos un, sendo a de Cazás a que conta cun maior número, tendo un total de 11. De todos eles chaman a atención o da “Casa de Pena” en Candamil, por ser o único que presenta a base ornamentada con relevos que reproducen escenas da paixón; o do Campo da Feira de Momán, caso único neste concello con pousadoiro para os cadaleitos; finalmente o “Cristo enxoito”, obra excecional, xa que presenta sobre a cruz un disco circular que a xeito de paraugas protexe as efixies das inclemencias metereolóxicas.
As cruces caracterízanse pola grande variedade tipolóxica, tamaño e materiais. Unha boa parte delas son de ferro e teñen por base un chanto de forma alongada. Ademais, queremos salientar tres que amosan unha inscrición: a de Orxás, Lousada (ano 1823), a de Casas Novas, Xermade (ano 1894), e a de Vicenta Balsa (ano 1901).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: