Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Alén, Máis Alá

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O bicho-cabra

Sendo pequeniño acórdome de oír por primeira vez o son do bicho-cabra.
—Que é iso, avoa?—díxenlle eu.
Ela contestoume que era o bicho-cabra, un paxaro que berraba na fraga.
Dicía que antes non se escoitaba ese son e que cando empezou a oirse contaban que eran almas de defuntos berrando na fraga.
Esta historia sempre me impresionou. Que paxaro podía facer ese son!
Dende aquela ese fantasmagórico son acompaña moitas noites da miña aldea, moita xente sigue dicindo:
—Esta noite cantou o bicho-cabra! Vai haber defunto!

Que paxaro è o bicho-cabra? A avelaiona (o càrabo castelàn)? A noitebra (chotacabras)?
Hai quen conta que son moitos paxaros distintos, porque o bicho-cabra nunca canta igual. E aínda hai velliños que seguían dicindo que eran as almas dos defuntos.
Vòs escoitastes o bichocabra?
Non. Pois achegádevos de noite pola miña aldea e veredes o que è!

[Texto remitido por Jesús Martínez Lale, de Tourón, Pontecaldelas (Pontevedra)]

Nota do informante: Chámame a atención que en concellos dos arredores de Pontecaldelas din que nunca oíron falar do bicho-cabra. Parece que noutras zonas lle chaman paxaro-cabra. E, segundo en que zona, parece que non é sempre o mesmo paxaro.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Pola miña zona, ao sul do concello de A Estrada, raiando co de Forcarei, a miña bisavoa chamáballe Raposa do Aire.

Enviado por Xoán X Pichel o 14/11/2018 ás 22:18:34


En Tomeza, parroquia que pertence a Pontevedra, chámaselle bichocabra tamén.

Enviado por Carabiru o 12/06/2021 ás 13:20:19


Meu pai (da comarca do Ribeiro) falaba do paxaro cabra. Descoñezo como é.

Enviado por Neves Paz Vilar o 11/06/2020 ás 11:23:30


Enviar comentario a este artigo: