Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena dos Encantos de Vilarmeor

Atópase en Vilarmeor, na parroquia de Ouviaño, concello de Negueira de Muñiz (Lugo).
Segundo me contaron os veciños don José Marondo, de 93 anos, e don Hortensio, arredor da pena hai a lenda dunha moura que adoitaba aparecerse xunto dunha fonte que hai no lugar, encantando a todo aquel que dubidara do seu poder. Don José lembra que a principios dos anos trinta do pasado século XX uns homes baixaron con cordas pola pena para ver de atopar o tesouro que agocha.

[Texto e fotografía de Xabier Moure Salgado. Setembro de 2013]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: