Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A galiña que entrou na cova

Non hai moitos anos, unha das poucas persoas que viven en Condomiña, Lourenzá (Lugo) paseaba tranquilamente por un carreiro estreito que remata nunha cova. Unha galiña algo aventureira que acompañaba o veciño optou por entrar na terrible cavidade. O home non se deu conta do que a galiña fixera e volveu sen ela para a casa. Ao outro día, unha rapaza da Pena atopou o intrépido animal no lugar onde ela vivía e foilla levar. Pero a galiña non estaba como fora, porque que lle faltaba a cabeza. A conclusión que sacaron os mozos foi que dentro da cova se atopaba un maléfico rapaz que cortaba as cabezas de quen pasaba por alí.

Recompiladora: Fátima Reino. 1º ESO, IES ‘San Rosendo’, Mondoñedo (Lugo).

Grupo ‘Olllomao’ (ENDL do IES ‘San Rosendo’)

Informante: Natividad Rivas (67 anos)

Lugar e data de recollida: Condomiña, Lourenzá, abril de 2015.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: