Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fórmulas mágicas de la tradición oral asturiana. Invocaciones, ensalmos, conjuros (Jesús Suárez López)

Autor: Jesús Suárez López

Colección: Manuales de Museística, Patrimonio y Turismo Cultural

Materias: Museología y patrimonio cultural

ISBN: 978-84-9704-948-1

Ano: 2016.

 

Este volume é unha antoloxía de rituais e fórmulas máxicas da tradición asturiana que sobreviven por transmisión oral desde a Idade Media ata os nosos días. Cada un destes actos rituais execútase mediante unha determinada serie de elementos materiais, unha xestualidade precisa e unha fórmula verbal que debe pronunciarse no seu debido momento.

Para a compilación desta antoloxía realizamos unha selección de textos a partir da bibliografía producida en Asturias sobre esta materia desde o século XIX ata o presente. E de xeito complementario, levamos a cabo unha investigación de campo dirixida á documentación de fórmulas verbais e prácticas rituais de carácter máxico que aínda se rastrexan na tradición oral asturiana.
Esta antoloxía acompáñase dun estudo comparativo da tradición asturiana coas tradicións orais doutras rexións de España e doutros países europeos da nosa contorna, abarcando un período cronolóxico que vai desde o século V ata o século XXI.

 

Jesús Suárez López é doutor en Filoloxía pola Universidade de Oviedo (1995). Desde 1996 é responsable do Arquivo da Tradición Oral (Muséu do Pueblu d’Asturies). Especialista en Literatura Oral, é autor de varias obras de referencia neste campo, entre as que cabe destacar: Nueva colección de romances asturianos (1997), Cuentos do Siglo de Oro en la tradición oral de Asturias (1998), Tesoros, ayalgas y chalgueiros (2011), Floklore de Somiedo (2003), Cancionero secreto de Asturias (2005) e Cuentos medievales en la tradición oral de Asturias (2008). Así mesmo, é autor e coordinador do proxecto Atlas Sonoru da Llingua Asturiana (2003-2016) e, desde 2012, é membro da comisión de seguimiento do Plan Nacional de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial.

 

 

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: