Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Como se pode saber o número que vai tocar na lotería?

Os sorteos de lotería comezan en España co rei Carlos III, en 1763, aínda que vai ser coa Guerra da Independencia, a principios do XIX, cando nace a que se chama entón “Lotería Moderna”.

O Sorteo de Nadal celébrase desde 18 de decembro de 1812, aínda que non recibe o nome de “Sorteo de Navidad” ata 1919. Celébrase sempre o día 22 de decembro e desde o ano 1771 cantan os números os nenos (as nenas participan só desde 2002) do colexio de San Ildefonso de Madrid. No ano 1938, durante a guerra civil, chegou a haber dous sorteos: un en Madrid, o do bando oficial, e o de Burgos, organizado polos insurrectos golpistas.

O apelativo popular de “Gordo” débese ao gran importe do premio que se reparte.

Outro sorteo extraordinario destas datas denóminase Sorteo do Neno. Creouse en 1941 aínda que non foi ata 1966 cando comezou a chamarse oficialmente Sorteo do Neno.

Como se pode saber o número que vai tocar na lotería?

Hai que buscar un lagarto con dous rabos e logo cortarllos e metelos nun caixón con fariña. De alí a pouco aparece escrito na fariña o número exacto que vai caer na lotería.

San Pancracio, o pirixel e a sorte na lotería

Para atraer a sorte á casa en cuestión de sorteos hai que poñer a imaxe ou a estampa de San Pancracio, mellor se nolas regalan, e ao lado nun vaso unhas follas de pirixel.

Desde antigo o pirixel é planta asociada á sorte e á saúde, e tamén á morte. Naceu do sangue da ferida que lle provocaron as serpes ao héroe grego Archemorus.

Un caudillo celta venceu a todo un exército romano mandando ao fronte, en vez de soldados, burros cargados de pirixel. Os gladiadores romanos levaban unha rama ou coroa deste planta para animarse e tamén o tomaban para rebaixar os efectos dos excesos na bebida e na comida. 

E se non hai sorte, procura acivro

Bicarse debaixo dun acrivro en Noiteboa asegura o amor e a descendencia. Por iso, se cadra, é costume decorar a árbore de Nadal e as casas coas pólas de acivro cangadas de froitos, desa cor vermella  de esperanza.

 

 

[Extracto do libro “Trece noites, trece lúas. Libro das marabaillas do Nadal (Mitos, ritos, lendas e tradicións do Nadal en Galicia e no mundo de arredor)”, Xerais, 2011]

As ilustracións son de Noemí López


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: