Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

As Penas do Reloxo do Sol

Atópanse a media ladeira do Pico de Surcio, que se eleva a 1.456 metros de altitude sobre o nivel do mar, actuando como un impresionante fito divisorio entre as provincias de Lugo (concello de Navia de Suarna) e León.
As Penas do Reloxo do Sol sitúanse na ladeira que dá cara o, ata non hai moitos anos, asentamento temporal da Braña do Pandozarco, en Murias de Rao (Navia de Suarna). Trátase de dúas enormes pedras de xisto, paralelas entre si, que eran utilizadas polos veciños para saber a hora, que se calculaba dependendo de onde o sol pousara os seus raios. Cando a sombra se apoderaba do sitio, sabían que non tardaría en "botarse a noite", polo que procedían a recoller o gando para metelo nas cortes, e eles nas casas.
Non moi lonxe, a 1.234 metros de altitude, érguese un pico que tamén toma o seu nome do astro rei: O Pico do Sol. E entre ambos os dous un evocador topónimo: O Pozo do Mouro.
No ano 2010, nas proximidades localizouse un campamento temporal de época romana, levantado, seguramente, durante as coñecidas como "Guerras Cántabras" (29-19 a.C.), evidencias que botan polo chan as teorías de que o actual territorio de Galicia foi un paseo militar para as tropas do Imperio.

[Lenda recollida de José de Vilarín, veciño de Murias de Rao, por Xabier Moure Salgado, de Becerreá (Lugo). Xuño de 2014]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: