Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

A Pena da Cobra

Pola Serra do Xistral, concello de Alfoz (Lugo), hai un penedo que se coñece como Pena da Cobra. Polo visto, antes de ser pedra foi serpe e o que agora se ve non é máis cá cabeza petrificada do animal.
»Contan os vellos dantes que antiguamente había unha cobra que comía todos cantos bichos había no monte, non deixaba ningún, todo lle valía. A xente tiña moito medo de subir ó monte porque non sabían o que podía pasar. Non había casa na que non se rezara para que morrera tal bicho. Un día apareceu un vello mui mal vestido, parecer parecía un medigo, e atreveuse a subir ó monte solo porque ningún quería ir con el. Eu non sei como fixo pero contáronme que cando volveu a baixar dixo que ahora si podían ir ó monte porque a cobra xa morrera. Os homes xuntáronse e foron ver o que pasara. E, seica era verdá, o que encontraron foi a cabeza da cobra sobre a terra convertida en pedra coa boca aberta e o resto do corpo enterrado na terra. Desde aquela a esta pedra chámanlle a Pena da Cobra. Non souperon nunca quen foi aquel home, pero dicían que tiña que ser santo porque solo un santo podía ganarlle e convertir en pedra a aquel animal tan grande»

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: