Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Xarfas

A Lagoa de Xarfas, ou Xalfas, tamén chamada Lagoa de Louro ou do Monte Louro, atópase na parroquia de Louro, concello de Muros (A Coruña), a pé do mar, separada deste por dunas.
Naquel lugar houbo en tempos unha cidade, mais un día, a iso das doce da noite, cando todos os habitantes durmían, o mar medrou e traspasou as dunas, e enguliu a cidade con todos os seus moradores.
O día de San Xoán escóitanse os laios daquela xente e dos animais alí afogados, as campás da igrexa repenican, e ata hai quen ve unha moza presumida diante dun espello peiteando os seus cabelos

O escritor Francisco X. Fernández Naval, no marco do I Congreso de Cultura Popular e Mariñeira, cque tivo lugar en Corcubión entre o 10 e o 12 de outubro de 2003, deixou dito a propósito dos crebeiros (O crebeiro sería un camiñante, coma un mazarico entre mareas, que percorría o litoral á procura de obxectos con algún valor, entre o caos das crebas):
Antes, anualmente a lagoa das Xarfas, na parroquia de Louro, rebentaba ou rebentábana, impedindo dese xeito que as enchentes das chuvias do inverno asolagasen os herbais. É esta unha lagoa litoral, separada do mar por unha praia. Os veciños xuntábanse e abrían unha canle na area pola que escorrentaba a auga, aliviando así o nivel da lagoa. "Rebentou o lago, hai que coller o congro". Esa era a voz que se transmitía entre os crebeiros, unha vez realizada a operación. E é que ano tras ano, ós poucos días de rebentar a lagoa, nas praias da Area Maior ou de Lariño, aparecía un enorme congro morto, e era costume que os crebeiros rivalizasen por ver quen o atopaba. Quizais así demostraban diante da colectividade o seu bo oficio, pero ademáis tiñan entre eles que o ano sería bo para quen o atopase. Agustín García, de alcume Cuchía, memoria viva desta costa, ten unha explicación natural para a aparición do corpo do peixe morto: "Coñécese que ó rebentar o lago, ía tanta auga doce e tanta area, que lle inundaba a cámara, e o congro, que é moi mal nadador, non podía nadar contra aquela corrente e morría, e era o mar quen o tiraba á praia".
►Texto íntegro deste Relatorio.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: