Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena da Vella de Covas

Un pouco antes de chegar ao caladoiro do Porto da Cova que queda ao SO do cabo Prior, na parroquia de Covas, concello de Ferrol (A Coruña) tropezamos, mesmo á beira do camiño, coa Pena da Vella, curiosa formación rochosa que consta de tres penas, dúas que fan de apoio e unha terceira que encabalga sobre destas. Entre as tres enmarcan una pequena xanela pola que a vista se perde na inmensidade do mar.
Dia a tradicióon que as tres rochas que conforman o conxunto pétreo da Pena da Vella foron levadas ata aquel lugar por unha muller vella (antiga divindiade, moura, xiganta) da seguinte maneira; a que esta por enriba levouna na cabeza e as outras dúas debaixo de cada sobrazo. Non moi lonxe deste lugar hai referencia do topónimo Coto dos Mouros.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: