Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

O nubeiro pola cheminea

»¡E logo, na casa do da Fonte [parroquia de Romariz, concello de Abadín (Lugo)] un día de tormenta non caeu un nubeiro pola chimenea! Caeu pa dentro un nubeiro cunha caiada mui grande e boina e zocas, coma os máis homes.
E chamábano e non contestaba nada. E metérono nunha corte e deixárono cerrado e, pola mañá, cando iban a ver se estaba o nubeiro, xa desaparecera. E as portas todas pechadas e todo. Dicen que saleu pola chimenea.
—¿Como sabían se era nubeiro?
—Porque non falaba... Había tormenta, había tormenta. Nin falaba nin nada; un sombreiro, un cachabo e unhos pantalós de..., e, ó visto, era pequeno, unha cousa moi pequena».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Caros irmãos kalaikos,

Sou brasileiro e sou apaixonado pela terra meiga que é a origem da língua portuguesa.Amo muito a galiza e toda a sua tradição tanto mitologica quando os outors costumes, em especial a banda Luar na lubre.Moro numa cidade maritima e sempre que vejo o mar sei que estou um pouco mais perto da terra dos ancestrais do Brasil.Meus sobrenome são Amaral e Ribeiro que são do norte de Portugal.

Enviado por Nazareno Amaral Ribeiro. o 23/07/2013 ás 17:28:44


Pareceme ben.Unha muller de Celanova,que tiña 80 anos,tamén me contou que nunha noite de lóstregos e ""tormentas"",os seus abós faláronlle dun NUBOEIRO,que lle trouxo moita sorte e avaquiña paríralle dous becerros sin ningún problema e a colleita daquil ano fora moi boa...Esto contóumo no ano 1980...(((E ela era rapaciña cando llo contaron...)))E xuntaba o dito:""Era unha visión dun home pequeno e moi flaco e levaba un axóuxere de ouro""

Enviado por Goliardo Ceibe. o 17/02/2008 ás 13:33:40


Como podo e podedes ver,hai moitas maneiras de entender as cousas e lendas.
Esta maneira de velas paréceme moi interesante e dende logo,diferente:moi intelixente.
Luis.Ourense.

Enviado por luis.stx. o 14/07/2010 ás 15:56:59


Tamén me dixo un home nas festas do viño de Ribadavia,alá polo ano 1982,que na sua adega...""" aparecían unhas volvoretas vermellas e que todo cheiraba moi ben cando eran as festas e despois non volvían ata o ano que viña...pero que il estaba seguro que eran Nuboeiros que viñan as festas e sempre lle traían saúde e moita sorte,xa que deixaba unha cunca de viño ribeiro do mellor, pras volvoretas...O seu veciño,por tacaño,nonho facía e a pipota do viño abríuselle sola de noite e perdeuno todo,pero non cheiraba a viño,si que fedía que apestaba..."""...E seguíame contando cousas relacionadas cas Meigas do Avia,que coma decía íl,eran as nais de toda a mitoloxía e lendas ou verdades das Galicias,xa que pra iste home tan sabio e falador((e moi amable e humán)),non había unha sola Galicia ou Galiza,sí moitas e moi diversas,por exemplo,nadiña tiña que ver a Galicia do Miño ou Avia,cá Galicia de Compostela ou Monforte...E seguía cas súas xeografías tan interesantes e fermosas,pero facía moita remarca en que istes Nuboeiros dos que falaba,mais cá trasnos malos,eran moi bós...Por eso vos mando iste comentario que tamén ten que ver co que mandéi en febreiro, e con aquelo que me contou aquela mullerciña de Celanova.Son conversas escoitadas e contadas pola xente mais vella,que nin están rexistradas nin escritas,por eso e importante que non se perdan e témolas que ir pasando e transmitindo,a marxen de creélas ou non,e todo se pode cuestionar...Graciñas e moita saúde!!!
Ah!!Iste home do que falo,tamén sabía e recitaba unhas Cántigas moi vellas e fermosas e cantóunos un ramallo delas,que toda a xente que estaba naquil momento púxose a escoitar,((era na coñecida e famosa taberna do Papuxas,que me parece que ainda a ten aberta a súa filla...???)),e os temas que lembro,falaban de Nuboeiros.Tiña uns 90 anos moi ben levados e unha intelixencia...¡¡¡Xenialmente Nuboeira!!!
Saúde.

Enviado por Goliardo Ceibe.(ceibe1998@yahoo.es) o 15/04/2008 ás 23:56:41


Graciñas por tomar nota do que vos mandéi e quedo ledo de saber que pode haber alguén a quen lle interese.Teño na memoria cousas e contos de Meigas,escoitados de rapaz e penso que teñen importancia e cando poida mandaréivos algunhas delas,no apartado que teñades nesta páxina pra ise tema.
Moita Saúde!!!

Enviado por Goliardo Ceibe.ceibe1998@yahoo.es o 24/04/2008 ás 17:04:37


Enviar comentario a este artigo: