Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Seres míticos

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A meiga de Reirado

Isto pasou na parroquia de Reirado, concello de Alfoz (Lugo):
»Estaba unha tarde unha rapaciña do Reirado alindando as vacas cando pasou por alí unha muller que tiña fama de meiga. O caso foi que cando ó anoitecer muxiron as vacas, unha delas en lugar de leite, botou un líquido vermello coma a sangue. Este líquido botárono nun cacharro e puxérono ó lume pero en lugar de ferver e botarse por fóra do cacharro, subía e subía como se fose espuma pero non se esparramaba nin gota. O pai da rapaza preguntoulle a ela se pasara algún por cabo dela cando estaba alindando. Ela díxolle que pasara “a meiga”. Entón o señor deixou aquel “sangue” cacho ó lume, despois valeirouno nunha pedra-lastra no chan, colleu unha corda e pegoulle con ela uns cantos bos cordelazos. Logo sacou un tizón do lume e tamén o meteu naquelo unhas cantas veces coma se quixera queimalo. Ó fin con todo e non expricou nada. Mais ó dia seguinte pola mañá chegou por alí un viciño e o dono da vaca preguntoulle:
—E ¿viche-la meiga por aí hoxe?
—Ta, ta—contestou o viciño—¿e non sería vostede quen lle deu unha tunda? Porque ver vina toda envolta e encuruxada coma se levara queimaduras pola cara e toda degolada que case non podía andar.
O dono das vacas riuse polo baixo e rosmou:
—¡Poidera ser! ¡Poidera ser!»


[Reproducción do relato recompilado por Dolores Sánchez Orol, publicado «A Pena Abaladoira: un exemplo de litolatría na lucense Serra do Xistral», Estudios Mindonienses, 20, 2004, páx.946-947, nota 29]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: