Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Pegada do cabalo de San Pedro

Na praia de Borna, Domaio, Moaña (Pontevedra) hai un penedo con gravados que semellan ferraduras e que se explican da seguinte maneira.
Cando o demo tiña fame baixaba á praia de Borna disfrazado de serpe, pillaba o marisco que lle parecía e logo levábao para o monte e comíao enriba dunha laxe. Desque estaaba farto, facía a dixestión e botaba a sesta.
Nunha desas foi cando San Pedro pasou por alí dacabalo, viu o demo en figura de serpe e tripouno. Agora xa se entende a forma de ferradura que hai na pedra.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: