Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A lenda do dragón: A Coca

Esta é a lenda da Coca tal coma ma contaron a min os vellos que viñan ó bar dos meus pais. Redondela e unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiro Xan Carallas e da Coca.
No s. XVI , non se sabe a dat exacta, na desembocadura do río Alvedosa, cara a ría de Vigo, uns rapaces miraron como se no río, debaixo da auga, estivese fervendo unha ola do cocido xigante. Quedaron abraiados con aquilo, correndo polo camiño da portela cara a vila e mirando de reollo como, o que parecia unha ola do cocido xigante fervendo, seguia en movemento. Cando chegaron á rampla que había fronte á ribeira do peixe xa había unha morea de xente asustada, rezando os seus rosarios e pensando que aquilo era a fin do mundo.
Algo empezou a xurdir do fondo do río; era un dragón enorme de color verdosa e con un limo que lle esvaraba polo corpo, con unhas ás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta, como a punta que ten a vara de pescar carallotes ou navallas.
Quedaron todos paralizados polo medo mirando semellante aparición. Subindo pola rampla e bufando, movendo a cabeza a dereita e a esquerda, como se estivese buscando algo. De repente colleu unha rapaza coa boca pola cintura, meteuse no río e desapareceu. Coma se non pasara nada, os veciños resignados marcharon para as súas casas.
E desde ese momento todos os anos pola mesma data, a do Corpus Christi, deixábase unha moza na rampla para que o dragón (A coca) quedase satisfeito.
Ata que os rapaces novos da vila non aguantaron máis, aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos foron á Forxa de Baldomero e fixeron espadas para matar o dragón. Todos a unha acabarían con el e deixaría de levar as mozas da vila. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra del cravándolle as espadas e acabando coa súa vida.
Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas ainda ensanguentadas, as mulleres collían as mozas poñéndoas enriba dos seus ombreiros dando voltas ó son das gaitas. Os mariñeiros da vila sacaron viño e peixe seco con pan para todos....e desde ese día en Redondela celebrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son a gran celebración.

[Relato achegado por Xosé Manuel Cabaleiro Santos, de Catapeixe, Cesantes (Redondela), en febreiro de 2009]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

E a enésima versión dun relato inventado fai 50 anos por un señor de Redondela que foi amigo meu. A pena é que esta "lenda" que non é tal eclipse o coñecimento histórico das figuras e da festa

Enviado por Pepe de Redondela o 24/02/2009 ás 21:30:55


eu non estou dee acordo co do rio segun como me contaron o monstro aparecía na illa de san simón e comia as nenas o final uns homes fortes o mataran por iso agora faise a festa .

Enviado por uxia redondela o 22/04/2009 ás 14:21:09


Recomendo ler A COCA DE MONÇAO de CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ onde fala da relación galego portuguesa e a orixe deste tipo de actos. Fala de como nas procesións do Corpus xa ían COCAS desde a idade Media .

Enviado por LUCHO PENABADE o 05/09/2011 ás 10:09:20


A "lenda da Coca", que é un relato inventado nos anos 50, se pode contar de todas as maneiras que se queira porque non ten base histórica algunha, so se repite a base de dito relto que se publicou en prensa. O único que fai é deslucir realidade histórica do Corpus Redonelán, onde se bailaban varias danzas gremiais máis aparte das Penlas e da de espadas, e a Coca e o demo, e como tal saía no corpus christi de moitos lugares de Europa.

Enviado por Pepe de Redondela o 18/06/2014 ás 14:26:49


Enviar comentario a este artigo: