Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Vila Queimada de Sobroso

Ó pé do Castelo de Sobroso, concello de Mondariz (Pontevedra), inda hoxe existe, A Fonte da Vila, situada no lugar coñecido por A Vila Queimada, moi pertiño do Crasto de Chans, todo dentro desta histórica terra ancestral da Sobreira.
Como manda a tradicion oral que vén dos nosos avós. En Vilasobroso, de todos é sabido, está situado no outeiro de Landín o vello castelo románico de Sobroso, do sáculo XI; lugar dos avatares medievais que padeceron os habitantes sobroseños ó longo da nosa historia.
Dicían os nosos devanceiros que no lugar que aquí coñecemos como A Vila Queimada (poboación matriz do Vilasobroso actual) foi onde os antigos señores medievais, os Sarmiento e mais os Soutomaior, pelexaban polos dominios destas terras, sometendo os seus habitantes o seu vasalaxe. Dende aquelas datas, os nosos ancestros sobroseños foron transmitíndonos unha lenda que dí:
Na Fonte da Vila
inda hai auga a correr;
foi Pedro Madruga
quen a quixo beber .

Hai que di que neste lugar estaba ubicada a antiga “Vila de Salain”, poboación antiga da época da raiña Dona Urraca, pois perto deste lugar un barrio de Vilasobroso chámase ainda hoxe Saniñáns. posiblemente foi onde se asentaron os moradores daquela “Vila de Salain” “Saliñan” “Saniñans”

[Texto remitido por un sobroseño anónimo. Febreiro de 2010]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: