Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Xeografía mítica

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Ponte de Amorín

A Ponte de Amorín está na parroquia de Corvite, concello de Abadín (Lugo).
1.- »Aquelo era camiño e, ó mellor, salía unha besta do río e viña diante el, e cando chegaba á ponte, desaparecía e non sabía por donde marchaba.
Aí decían que había encanto algún día, que había, que o vían varias personas, non todas.
Outra vez viñan andando e aparecía un cadelo cabo deles, da persona que viña andando e cando lle parecía que quería mirar po cadelo xa non vía o cadelo, xa desparecera o cadelo.
Outras veces aparecía unha muller, ó mellor, fiando nunha roca, fiando nas estopas. Pero eu teño oído que había eso algún día, pero eso eu xa non acordo eses tempos».

2.- »Na ponte de Amorín..., ¿quen sabe quen era? Naquel tempo, a ponte era unha ponte feita de paus e barcos, e entonces, claro, ó mellor pasaba por alí un home, e había unha muller fiando, e a muller taba fiando, e gardaba a roca, e tirábacha aí, así no medio da ponte, e claro, si a pisabas xa sabes que eras castigado, ó mellor arrastrábate quen sabe por donde. E si non a pisabas, dicíache:
—Ben deitaches non me pisar, que si non habíasme de...
Eso teño oído eu cuarenta millóns de veces».

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: