Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

Caraña

O nome deste barrio do concello de Betanzos (A Coruña) ten a súa orixe segundo unha lenda no seguinte.
Nos longos anos da Reconquista Deus quixo castigar os pecados dos betanceiros mandándolles de visita un becho con figura de araña con ás e cola de serpe. Polo visto daba moitos problemas e un arroutado cabaleiro procedente de Pontedeume desafiou o monstro.
O cabaleiro tropezou co becho na ponte de Caraña e houbo pelexa ata que o rematou chantándolle a lanza pola gorxa. O cabaleiro recibiu desde entón o apelido Vara, polo da lanza coa que matou ao animal, e mesmo se fixo unha capela sobre a ponte que xa non hai.
Xentes da comarca acudiron para ver o insecto e impresionados polo seu tamaño exclamaban:
—Que araña!
O que acabou sendo: Caraña!. E Caraña lle quedou para sempre a aquel lugar.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: