Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Toponimia

A orixe do topónimo San Tomé de Cancelada

San Tomé de Cancelada é unha parroquia do concello de Cervantes (Lugo). A primeira parte do nome da freguesía non ten maior atranco, máis complicado é o composto, ao menos para os que non somos naturais do lugar xa que os veciños si o teñen claro. Contan que a procedencia de Cancelada provén de dous cans, un de nome Can e o outro Celada que, xunto co conde da contorna, deron morte a un temible dragón que amedoñaba o lugar.

[Información remitida por Xabier Moure Salgado. Febreiro de 2014]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: