Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

REVISTA (ISSN 1887-2859)

nº 04 (2008).-SEIXO PASTOR, Marcos: O caso da capadora de Cuntis

Título: O caso da capadora de Cuntis

Autor: Marcos SEIXO PASTOR

Revista de Investigación 4, ano 2008. ISSN 1887-2859

_________________________

Quero comezar reproducindo a composición que nos deu pé para elaboración deste traballo. Trátase dunhas coplas de carácter narrativo que poderíamos encadrar dentro dun xénero tan característico da nosa cultura como é o romance popular, aínda que neste caso non se trata, como veremos, dun texto de carácter anónimo, como era habitual na maior parte daquelas curiosas historias, baseadas en acontecementos reais que, por feiras e romarías de todo o país, ían cantando os nosos cegos, acompañados das notas estridentes das súas zanfonas ou violinos, e tamén do peculiar cartaz (a maltraña) no que o seu moinante, ía sinalando as viñetas correspondentes aos sucesos que se narraban en cada estrofa.

ROMANCE DEL CRIMEN DE CUNTIS

Oigan todos los que escuchan
una historia verdadera
ocurrida hace tres años
entre una garrida hembra
y un hombre de mala vida
y de costumbres perversas
entregado siempre al vicio
al juego y la borrachera
que recibió al fin el castigo
de sus culpas en la tierra
dejando sus atributos
en unas manos honestas
que debajo de la manta
esgrimían la barbera.

Oh Madre del Redentor
soberana Providencia
dame la divina luz
para que estas coplas
sean ejemplo de los castigos
que el cielo siempre reserva
con la justicia divina
a los tigres y panteras
que con figura de hombres
no respetan a las doncellas
ni a las mujeres casadas
que tienen el macho fuera.

En el sulfuroso pueblo
de Cuntis fue la trijedia.

Habitaba en una casa
cercana a la carretera
una mujer bien formada
y bien armada de caderas
con dos lunares rizados
en la mejilla derecha
y un contorno pectoral
de enorme circunferencia.

Además de esto tenía
a su marido en América
en donde era fabricante
de peines y de peinetas
construidos con los cuernos
de toros y de terneras.
La mujer allí vivía
llevando una buena vida
sin dar nada que decir
ni que jamás se oyera
mormurar al vecindario
ni del Capellán ni de ella.

Pero un monstruo desalmado
sin corazón ni vergüenza
vecino del mismo pueblo
llamado Xan da Panela
apostó con unos amigos
que tenía en la taberna
que era capaz una noche
a presentarse ante ella
y a hacerla soñar gustoso
con el que estaba en América.

Una vez puestos de acuerdo
se formalizó la apuesta.
Y aquel malvado de Xan
cogió al hombro una escalera
fue sigiloso a la casa
y topó la ventana abierta
y saltando así de pronto
al cuarto de la interfecta
a su víctima sorprende
dormitando a pierna suelta.

Ella al sentir los pasos despierta
y trata de levantarse
pero al momento se acuerda
que gasta camisa corta
y se queda por vergüenza
diciéndole: Creminal
¿Qué quieres? ¿Qué horas son estas
de venir a asovallar
a la mujer más honesta
de Cuntis y sus contornos?
Márchate al punto y no vuelvas.

El sin querer escuchar
los gritos y las protestas
de aquella infeliz mujer
tiró al suelo la chaqueta
y quedándose desnudo
compartió el lecho con ella.

Entonces la desdichada
al verse junto a la fiera
con el mayor disimulo
echó mano a la barbera
que siempre llevaba oculta
para su propia defensa
y fingiendo una caricia
hizo ris-ras con la izquierda
y segó de un solo tajo
dado con mucha firmeza
todo lo más inflamable
del bribón Xan da Panela.

De repente se oye un trueno
y una voz profunda y hueca
que decía: Por morral
por cochino y sinvergüenza
quedas como Putifar
para en vitam aeternam.

Entonces él dijo:
Virgen de Moraña
te imploro por Dios clemencia
y haz que al punto me retoñe
lo que me ha podado esta.

DOUS ASUNTOS CON SEMELLANZAS

Alá polo ano 1994 sorprendíannos as páxinas de revistas e xornais de todo o mundo cunha curiosa noticia referente a un insólito suceso acaecido nos Estados Unidos de América, onde unha muller de a penas vintecatro anos, Lorena Bobbit, farta das continuas agresións e abusos sexuais do seu marido, decidiu tomarse a xustiza pola súa man. E así mentres o seu cónxuxe durmía placidamente despois de ter consumada unha das xa habituais violacións, a muller, sen dubidalo cortoulle o pene dunha certeira e limpa coitelada. O caso acadou tal difusión que Lorena Gallo -que tomou de novo o nome de solteira despois de divorciarse de John Bobbit- chegou a converterse, durante un tempo, nun símbolo vivinte, representativo da rebeldía radical da muller na defensa da súa dignidade. Despois de ser xulgada foi absolta da acusación de "lesión voluntaria" ao ser recoñecida como "insana mental". O asunto presenta certas similitudes con outro caso sucedido a comezos do século XX nunha parroquia do concello de Cuntis, tal como aínda recordan algunhas persoas do lugar, e que chegou a ser literaturizado polos irmáns Rey Posse de Vilagarcía, no romance reproducido arriba; composición que foi representada no teatro da vila arousá polos anos trinta. Aínda que a popularidade dos feitos foi notoria, non só en Cuntis senón tamén noutros concellos próximos, as limitacións na capacidade divulgativa naqueles tempos e a menor atención dos medios por estes asuntos morbosos que hoxe producen espectaculares aumentos de vendas, neste caso nin a muller nin o seu atacante puideron encher o peto a base de vender exclusivas ou facer anuncios publicitarios. O home quedou capado para sempre e ela tivo que pasar unha tempada na cadea.

Outra sorte correu, no entanto, o castrado violador de Lorena, para quen a mutilación, lonxe de deixalo convertido para sempre nun eunuco como "castigo de sus culpas en la tierra" infrinxido pola "justicia divina", como dirían os irmáns Rey Posse, supúxolle fama e fortuna, pois disque actualmente, despois de terse reimplantado o órgano seccionado, gaña folgadamente a vida no seu esperpéntico país como actor de películas pornográficas. Agora ben, imos ao tema que nos ocupa. Na súa poética versión do crime de Cuntis, os irmáns Rey cometen algunhas grallas no tocante aos feitos, que poderían deberse, ben a que non os coñecían directamente, senón quizais a través da prensa, ou ben a que quixeron deformar a historia por motivos literarios, morais ou de calquera outra índole. No romance relátasenos como unha honesta muller que tiña o home emigrado en América, é agredida unha noite na súa propia casa por un "hombre de mala vida", que para gañar unha aposta e de paso satisfacer a súa libido, viólaa sen ningún tipo de escrúpulo e sen facer o menor caso dos seus berros e protestas. Con todo se lemos entre liñas vemos como os romancistas cuestionan a propia honestidade da muller de xeito indirecto, ao insinuar, cunha mordaz e enxeñosa ironía, a súa relación sentimental cun crego: La mujer allí vivía llevando una buena vida sin dar nada que decir ni que jamás se oyera mormurar al vecindario ni del Capellán ni de ella. Ironía que, nun sentido semellante, xa estaba presente anteriomente, ao referirse á profesión do marido: "fabricante de peines y de peinetas construidos con los cuernos de toros y de terneras", e que continuará sendo a perspectiva dominante en toda a composición. Así, no momento en que Xan irrompe no cuarto da muller, ela non se ergue da cama porque "al momento se acuerda que gasta camisa corta y se queda por vergüenza". Os autores pretenden co uso destas estratexias humorísticas converter en cómico un asunto que nun comezo é presentado aparentemente como unha traxedia ( ou máis ben "trijedia"como se lle chama comicamente no poema). Non debía ser tan agresivo e creminal o asaltante nin ela tan casta e pura. Segundo testemuñas que aínda recordan o suceso tal como foi, realmente a honesta e garrida muller, coñecida popularmente no lugar como Dolores da Eiriña, e que efectivamente tiña o marido emigrado en Cuba, era a amante do mozo en cuestión.

Ao parecer, unha noite este presentouse na casa dela anunciándolle que tiñan que romper as relacións, pois pretendía casar con outra rapariga do lugar. Dolores, sen mostrar resentimento, pediulle un último momento de gozo antes da ruptura definitiva. Satisfeito o desexo, e estando o mozo durmido despois de cumprida a tarefa, a muller decidiu que se aquel membro non era para ela tampouco sería para ningunha outra. Colleu entón unha ben afiada navalla de barbear e cortoullo sen vacilación, deixando ao pobre Xan (ou como se chamase) eivado para toda a vida. Ao parecer, posteriormente Dolores presentouse no xulgado de Cuntis ante o secretario, Mario Blanco Torres, irmán de Roberto, portando o pene envolto nun papel, e declarando que fora viola da. Despois dun período de prisión marchou para Buenos Aires, onde ela e mais Severiano, o seu marido, rexentaron durante uns anos un boiante negocio de marmolistería, ata que regresaron á terra. Fillo deles sería un popular boxeador galego coñecido como Suárez. Os feitos producíronse, non na vila de Cuntis como nos conta o romance, senón noutra parroquia do concello, en San Mamede de Piñeiro, no lugar de Montesandeu, e máis concretamente nun magnífico caserón, recentemente restaurado, desde o que se outea todo o val do río Gallo, e que aínda hoxe é coñecido, a pesar de que moitos ignoran o motivo, como A casa da capadora.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Lo expuesto esta bien en un 98%. Sintácticamente existen algunas diferencias con respecto a lo que yo le oía a Don José Rey Posse con quien me unió una grandísima amistad (para mi, hizo de abuelo adoptivo, ya que los míos habían fallecido siendo yo muy pequeño). Ello ocurría en Pontecesures en donde él era Encargado de Obras del muelle sobre el año 1.965 y comíamos juntos en el Restaurante Loureiro.
La riqueza y la gracia de esta obra es oírla con los fragmentos cantados que van intercalados entre los recitados y que aún hoy recuerdo perfectamente.
guimarey@telefonica.net

Enviado por Jesús Guimarey Mascaró o 03/02/2014 ás 18:39:58


Enviar comentario a este artigo: