Actualizado en data 06/02/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DIDÁCTICA DA FANTASÍA

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A AELG publica dúas Unidades Didácticas para traballar nas aulas a oralidade e a literatura de tradición oral

Reproducimos o seguinte comunicado da AELG no que se nos informa da incorporación de dúas novas unidades didácticas para traballar o apartado da literatura popular na materia de Lingua e Literatura Galega nos cursos de 1° e 2° de ESO e 1º de Bacharelato.

NOTA DA AELG

Incorpóranse dúas novas unidades didácticas ao  Espazo Didáctico da web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), unha plataforma para a divulgación de contidos pedagóxicos e experiencias didácticas relativos ao feito literario nas diferentes etapas educativas (primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, sen esquecer aquel alumnado con necesidades educativas específicas.

Con estas novas incorporacións a AELG, coa colaboración de Deputación Provincial de Lugo, pretende achegar un material complementario que sirva para traballar o apartado da literatura popular na materia de Lingua e Literatura Galega nos cursos de 1° e 2° de ESO e 1º de Bacharelato. Son as seguintes, ambas baseadas no material videográfico recollido no  Arquivo de Literatura de Tradición Oral da web da AELG:

 

 →A literatura popular nas Polafías, elaborada por Xosé Manuel Varela. Unha unidade didáctica que incide nos xéneros da narrativa e da poesía e que ten, entre outros, o obxectivo de dar a coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

Patrimonio vivo: Mestras e Mestres da Memoria, elaborada por Antonio Reigosa. Unidade didáctica para complementar os contidos das unidades da materia de Lingua e Literatura que tratan a oralidade na comunicación e como soporte de creación literaria. Incide nas formas de expresión oral de uso máis común (narración, diálogo, entrevista…), no coñecemento da literatura oral e os seus principais xéneros (mito, lenda, conto, romance…) e a súa conexión coa literatura escrita ou culta. Ademais, chama a atención e singulariza as persoas da comunidade, con nome e apelidos, aquí denominadas Mestres e Mestras da Memoria, que se expresan e comunican case en exclusiva de forma oral, e que teñen que facer uso desta facultade humana para transvasar desde a xeración anterior á posterior (e, de camiño, recrear e actualizar) historia, literatura e outros moitos coñecementos.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: