Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DIDÁCTICA DA FANTASÍA

PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA (Cuestionario 3 )

MITOS E LENDAS HAXIOGRÁFICOS, ÉPICOS E BÉLICOS

Elaborado por Reigosa, Antonio.
Versión: marzo de 2007.

1.-¿Quen son os santos patronos? ¿Por que son os patronos? ¿Pasaron polo lugar? ¿Hai reliquias deles?¿Que milagres fixeron eles ou as súas reliquias? ¿Realizan curacións? ¿Cando, onde, como?

2.-¿Que ritos e festas se facían ou fan os días de Nadal, Reis Magos, Semana Santa, Candelaria, San Antón, San Roque, San Xoán, San Pedro, San Cidre, San Sebastián; San Blas; Santa Águeda; San Marcos; San Gregorio; Santiago; San Bartolo; San Miguel; Santa Lucía, San Nicolás, ...etc.?

3.-¿Que se conta de Santiago, Roldán, Carlomagno, Inés de Castro, os Churruchaos, Pardo de Cela, os Andrade, Pepa a Loba, Xan Quinto, ...etc?

4.-¿Quedan nos arredores pegadas impresas dos pés ou dos cascos da montura da Virxe, Santiago, Roldán, Xesús Cristo, San Pedro, un santo, un xigante, o demo,..etc.?

5.-¿Quedan nos arredores lugares chamados “silla”, “sillón”, “salto” “cama” da Virxe, Santiago, Roldán, Xesús Cristo, San Pedro, un santo, un xigante, o demo,..etc.?

6.-¿Cóntase dalgunha batalla antiga que se producira nos arredores? ¿En que lugar? ¿Como foi? ¿Foi de cristiáns contra mouros? ¿Ou foi contra romanos, franceses, ingleses, carlistas, guerra civil? ¿Contra bandoleiros? ¿Quen loitaba, os homes ou as mulleres? ¿Por que?

7.-¿Quen venceu nesa batalla? ¿Axudou algún santo ou heroe aos vencedores? ¿Co sangue derramado na batalla tinguiuse algún río e por iso as troitas teñen pencas vermellas? ¿Parou Deus o sol unha hora para axudar a rematar a batalla con día?
________________________
APÉNDICES
INFORMANTES (nome, idade, lugar e data de recollida):

NOME DO EQUIPO DE TRABALLO (Centro escolar, grupo,...):

NOME DOS MEMBROS DO EQUIPO DE TRABALLO:

COORDINADORES/AS DO TRABALLO:

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA

Lembra en que consiste o PROXECTO I: MITOS E LENDAS DE GALICIA.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: