Actualizado en data 22/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Fontaíña

No Folgueiro, Suegos, O Vicedo (Lugo) aínda mana unha fonte coñecida como A Fontaíña. Contan que na Noite de San Xoán pódese ver, só ata o amencer, unha galiña coas súas crías zanfoneando ao seu redor; a persoa que observe o prodixio ten asegurada a boa sorte no que resta de ano.

[Información remitida por Xabier Moure Salgado (Asociación Cultural A Curuxa"), de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en febreiro de 2010. Informante: Dolores Rolle]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: