Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Un peregrino confundido cun tronante ao seu paso por San Clodio

Un dos ramais do chamado Camiño de Inverno a Santiago de Compostela pasa por San Clodio, concello de Ribas de Sil (Lugo). En certa ocasión, cando os veciños de Pumares estaban mallando, presentopuse unha enorme treboada xusto no momento no que un peregrino pasaba polo lugar. Os veciños de Pumares pensaron que se trataba dun tronante (nubeiro, tempestario …)1 e que provocara a treboada para derramarlles o cereal, así que se botaron tras del para, probablemente, medirlle o lombo ben medido. Mais á altura de Rairos, a onde chegaron perseguido e perseguidores sen folgos, aclarouse todo. Nin era nubeiro, nin sabía das súas artes.

__________ (1).-Nubeiro, nubeira, tronate, tronador, degrumante, legrumante, negrumante, nigromante, tempestario, escoler … Teñen poderes e dominan as artes para provocar treboadas e causar dano con elas(Dicionario dos seres míticos galegos).


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: