Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Queimacasas

Na maior parte das zonas costeiras de Galicia chámanlle Queimacasas, Ardecasas ou Matahomes a un caranguexo da especie “Pachygrapus marmoratus” de pouco valor comercial.
Por Taragoña, concello de Rianxo (A Coruña) o Queimacasas é un peixe pequeno, semellante ao lorcho pero sen valor culinario. Atópase debaixo das pedras coa baixamar e cóntase que non debe ser cociñado porque fai prender lume, de aí o nome, nas casas onde se faga.

[Texto elaborado con información de Manuel Vicente Rial Ces, de Carral (A Coruña)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Pois eu cocinnos unha vez, inda que meu pai me decía que non servían. Tiña razón, casi non tiñan que comer e estaban tan negros por dentro coma por fora. Temos moito que comer no mar coma para ter que comer queimacasas.

Enviado por Vapor Hidria Segundo o 03/05/2010 ás 17:39:55


Enviar comentario a este artigo: