Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Calendario

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal

Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal Mitos, ritos, lendas e tradicións do Nadal en Galicia e no mundo de arredor

_______

Antonio Reigosa (Autor), Noemí López Vázquez (Ilustradora)

Edicións Xerais de Galicia, 2011. 160 Páxinas Cartonado

I.S.B.N.: 978-84-9914-313-2

__________

Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento. Entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxía e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan «tradicionais» como cremos… No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos días de Nadal constitúe o clímax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.

_________

Noemí López Lugo, 22 de novembro de 1974. Viviu case sempre en Lugo onde se formou como deseñadora gráfica (Premio Extraordinario), decantándose pola ilustración. Gañou algúns certames de carteis e comezou así a facer ilustracións para este e outros soportes coma xornais e revistas e, pouco despois, a ilustrar libros de ficción e educación. É una apaixoada da literatura infantil e xuvenil, e participa en exposicións colectivas de ilustradores, e tamén impartindo obradoiros e cursos de ilustración en bibliotecas, salóns, e feiras de libros. Mais tarde, compaxinado co anterior, traballou como debuxante de animación despois dun periodo de formación, actualmente continúa con proxectos dentro deste campo. SELECCIÓN DE LIBROS ILUSTRADOS (ficción-infantil e xuvenil) -Podesvir, Fina Casalderrey. Editorial Sotelo Blanco. -As porcas porquiñas, Xosé Antonio Neira Cruz. Primeira versión. Biblioteca NOVA 33, Caixa Galicia -Xograr Cangas e asociados, Xosé Antonio Neira Cruz. Xunta de Galicia -María está a pinta-lo mar, Xosé Antonio Neira Cruz. Primeira versión, Xunta de Galicia -Olo - Iepu – Iepu, Paula Carballeira. Editorial Galaxia -Os catro amigos, adaptación de Xoán Couto. Kalandraka Editora. The musicians of Bremen, reedición en inglés deste mesmo libro para a editorial coreana Hansol Gyoyook. -María está a pinta-lo mar, Xosé Antonio Neira Cruz. Editorial Everest Galicia -Os ladróns de tixolas, Xosé A. Perozo. Ir Indo Edicións -As porcas porquiñas, Xosé Antonio Neira Cruz. Editorial Everest Galicia -Érase una vez… Lugo, Pécs, Tanum y Verona, varias autoras. Libro de contos e cd interactivo do European World Heritage Projec. Concellos de Lugo (España), Pécs (Hungría), Tanum (Suecia), Verona (Italia) -A alfombra falsa, Xavier López Rodríguez. Editorial Everest Galicia -A raposa no galiñeiro, Antonio Reigosa. Museo Provincial de Lugo -Endrina e o segredo do Peregrino (reedición 2004), Concha López Narváez. Editorial Galaxia -A viaxe a Compostela de Renato Ratoni, ( Edición en galego, castetán e italiano) Xosé Antonio Neira Cruz. Xunta de Galicia. Xacobeo 2004 -O cocho de carreiras Rudi Fuciños, Uwe Timm (reedición 2005). Editorial Galaxia -Tita, Concha Blanco. Editorial Everest Galicia -A escola de Briador, Antonio Reigosa. Editorial Everest Galicia -Os sons da buguina, Carlos Labraña. Baía Edicións -Ketumba Ke Tamba, Xerardo Quintiá. Editorial Galaxia -O castrón de ouro, Darío Xohán Cabana. Editorial Galaxia -O Vixilante dos soños, Ana Carreira. Editorial Galaxia

-Boas noites, Paula Carballeira. Edicións Xeráis -O sorriso de Rosalía, Cristina Sáez Cazallas. Editorial Everest Galicia -Xela converteuse en vampira!!, Fina Casalderrey. Baía Edicións -Améndoas e flores silvestres, David D. Vázquez Álvarez. Baía Edicións -Historias maravillosas de la Biblia. Edición en castelán, galego, vasco e catalán. Editorial Everest -O galo quirico, texto popular. Editorial Galaxia -Arrolos e rodas, textos populares. Editorial Everest Galicia -O segredo da lanterna verde, Antón Fortes, Mar Guerra, Elvira Riveiro, Xelís de Toro. Lagarto Pintado 2009. Xunta de Galicia -A herdanza do Marqués, Conchi Regueiro. Baía Edicións -A avoa Encarna fai niño, Xosé Antonio Neira Cruz. Editorial Everest -Do A ao Z com Neira Vilas, María Canosa. Editorial Everest -Guía ilustrada da Galicia Invisible, Antonio Reigosa. Edicións Xerais -Noutra dimensión, Marica Campo. Editorial Galaxia. -Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, Antonio Reigosa. Edicións Xerais .


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: