Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Campo da Matanza de Conforto

Hai moitos topónimos iguais ou semellantes a este. As explicacións referentes á orixe do nome son parecidas en todos os casos. O Campo da Matanza da parroquia de Conforto, concello da Pontenova (Lugo), chámase así porque alí, vén de vello a historia, houbo unha batalla moi grande cando botaron ós mouros de España. Os mouros estaban no castro de Vilar de Conforto, que aínda hai tres ou catro trincheiras, e os españois estaban no lado de aló. Morreron moitos máis españois ca mouros porque, claro, non tiñan onde abrigarse.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: