
| No monte chamado O Tesouro, situado na parroquia de Mosende, O Vicedo (Lugo), contan que «vivían os mouros», encargados de vixiar un tesouro agochado, quizais, nunha mámoa estragada cando a plantación dos eucaliptos que inzan o lugar. [Información remitida por Xabier Moure Salgado (Asociación Cultural A Curuxa"), de Pontide, Suegos, O Vicedo (Lugo), en febreiro de 2010. Informante: Manolo "O Asturiano", de Mosende] |
|
CATEGORÍAS RELACIONADAS |