Galicia Encantada

· AUTOR-COORDINADOR (+ info)
· HISTORIAS CON HISTORIA
· BIBLIOTECA
· ÁREA RE-CREATIVA
· COLABORADORES
· DICIONARIO
· DIDÁCTICA DA FANTASÍA
· FLOR DE MESTRES
· MEDIATECA
· O QUE SE DI
· OUTRAS FANTASÍAS
· PREMIOS
· REVISTA (ISSN 1887-2859)
· RUTAS ENCANTADAS
· NOVAS / INICIATIVAS
· Alén, Máis Alá
· Andel de Marabillas
· Astroloxía/Metereoloxía
· Augas
· Calendario
· Cocos, monstros
· Contos da tradición oral de Galicia
· Demo e o seu mundo
· Edificios encantados
· Fauna
· Festas e mitoloxía relixiosa
· Flora
· Galicia desaparecida
· Heroes e heroínas
· Historias encantadas
· Lendas urbanas
· Literatura oral
· Lume
· Medicina
· Morte
· Pedras
· Poéticas do imaxinario
· Publicacións
· Ritos, Obxectos..
· Sabía que...
· Santiago e a peregrinaxe
· Seres míticos
· Tesouros
· Toponimia
· Veciñanzas
· Webs encantadas
· Xeografía mítica
· Xogos


Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal

Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal
Mitos, ritos, lendas e tradicións do Nadal en Galicia e no mundo de arredor
_______
Antonio Reigosa (Autor), Noemí López Vázquez (Ilustradora)
Edicións Xerais de Galicia, 2011.
160 Páxinas
Cartonado
I.S.B.N.: 978-84-9914-313-2
__________

Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento. Entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxía e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan «tradicionais» como cremos… No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos días de Nadal constitúe o clímax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.

_________Antonio Reigosa
Zoñán, Mondoñedo, 1958. Na actualidade é Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo.
Escritor, investigador e divulgador da mitoloxía popular e da literatura de tradición oral. Cofundador con Mercedes Salvador, Ofelia Carnero e Xoán R. Cuba do Grupo de Investigación Etnográfica Chaira (Premio 15ª edición dos Encontros na Terra Cha da As. Cultural Xermolos) cos que realizou numerosos traballos de campo en diferentes concellos da provincia de Lugo: Abadín, Vilalba, Begonte, A Pontenova, Chantada, A Fonsagrada…
Creador e coordinador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com). Coordina as revistas orais “O pazo das musas” (Museo Prov. de Lugo) e “A voz dos carraos” (Museo Prov. do Mar, San Cibrao, Cervo). Como vogal responsable de literatura de tradición oral da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) coordina os proxectos “Polafías” e “Mestres da memoria” para documentar e divulgar os valores da oralidade e da literatura popular. Coordina con Isidro Novo as Xornadas de Literatura Oral que se veñen celebrando en Lugo desde 2008 dedicadas ao demo (2008), ao lobo (2009), á morte (2010) e ás lendas urbanas (2011). Colabora en varias radios (Premio Certame Nacional de Artes e Tradicións populares do Ministerio de Cultura, 1987, por “O mal de ollo” programa emitido por RNE en Galicia), escribe artigos en xornais e revistas como La Voz de Galicia, El Progreso, A Peneira, Xornal de Galicia, Galicia-Hoxe, Leer, Murguía, Fadamorgana, Culturas populares, Circular polo Saviñao, Croa, Boletín do Museo Prov. de Lugo… ou para outras publicacións como Manuel María (Ophiusa-Xermolos, 2001); Cultura tradicional e desenvolvemento rural (Xunta de Galicia, 2006); I Encontro Iberoamericano de Museos Pedagóxicos e Museólogos da Educación (MUPEGA, 2008); Actividades e recursos educativos dos Museos de Galicia, (Toxosoutos-Nova Escola Galega, 2008. É autor de unidades didácticas, colaborador habitual da Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte nas Ondas”. Participou en proxectos como Boas noites (2007), obra de teatro da compañía Berrobambán para o que elaborou a guía didáctica interactiva Pasamedos. Coordinou con Helena Zapico o monográfico “Literatura oral e educación” publicado na Revista Galega de Educación, nº 41, 2008. Participou en proxectos como La memoria de los cuentos (2009), libro e documental baixo a dirección de Antonio Rodríguez Almodóvar, Antropologías del miedo (2008), publicación coordinada por Gerardo Fernández Juárez e José Manuel Pedrosa, ou Queres que cho conte? (2011), proxecto de dramatización do conto oral de Palimoco Teatro coordinado por Paloma Lugilde. Premio de Comunicación María Castaña, 2006, “Lucense do ano 2002”, concedido pola Asociación de Prensa, Radio e Televisión da Provincia de Lugo.
En coautoría co Equipo Chaira publicou Polavila na Pontenova. Lendas contos e romances (Deputación de Lugo, 1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (Museo Prov. de Lugo, 2004). Con Fernando Arribas e Xoán R. Cuba a Guía do Museo Prov. de Lugo (Museo Prov. de Lugo, 2003). Participou con relatos nos libros colectivos Ninguén está só (Amnistía Internacional-TrisTram, 2001); Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003); Contos para levar no peto (Xerais, 2001); Contos da Policía (Ir Indo, 2003); Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas (Xunta de Galicia, colec. “Lagarto pintado”, 2006); Contos de medo no museo (Museo prov. de Lugo, 200). É coautor con Xosé Miranda e Xoán R. Cuba de ensaios e libros de referencia como o Dicionario dos seres míticos galegos (Xerais, 1999), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral (Xerais, 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais, 2001); Antoloxía do conto de tradición oral (Xerais-La Voz de Galicia, 2001) e dos 20 tomos da colección de contos de tradición oral “Cabalo Buligán” (Xerais, 1998-2004)(I Premio Frei Martín Sarmiento 2003 polo tomo “Contos de parvos e pillos..
Con Xosé Miranda escribiu Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (Xerais, 2002), e os tomos 1 e 2 da colección “Lendas de Galicia” que levan por título Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror (Xerais, 2004) e A flor da auga. Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas (Xerais, 2006).
No campo da narrativa infantil foi Premio Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho (1989), Premio “Supernova” de Literatura Infantil e Xuvenil, concedido por Televisión Lugo (1999). É autor de títulos como Memorias dun raposo (Xerais, 1998-Premio Merlín, 1998 e Finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 1999), Resalgario (Xerais, 2001-Premio Raíña Lupa, 2001), O galo avisado e o raposo trampulleiro (Xerais, 2003), Bacoriño (2004), A raposa no galiñeiro (Museo Prov. de Lugo, 2004), A noite dos pesadelos (Tambre, 2006), A escola de Briador (Everest, 2006), O polimacho e outras criaturas (Tambre, 2008), Os dous irmáns e outros contos populares do antigo Exipto (Morgante, 2008), Lu e Go pola muralla (Obradoiro, 2010). Recentemente publicou os álbumes ilustrados por Noemí López Guía ilustrada da Galicia invisible (Xerais, 2010) e Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal (Xerais, 2011)
.
_________Noemí López
Lugo, 22 de novembro de 1974. Viviu case sempre en Lugo onde se formou como deseñadora gráfica (Premio Extraordinario), decantándose pola ilustración. Gañou algúns certames de carteis e comezou así a facer ilustracións para este e outros soportes coma xornais e revistas e, pouco despois, a ilustrar libros de ficción e educación. É una apaixoada da literatura infantil e xuvenil, e participa en exposicións colectivas de ilustradores, e tamén impartindo obradoiros e cursos de ilustración en bibliotecas, salóns, e feiras de libros. Mais tarde, compaxinado co anterior, traballou como debuxante de animación despois dun periodo de formación, actualmente continúa con proxectos dentro deste campo.

SELECCIÓN DE LIBROS ILUSTRADOS (ficción-infantil e xuvenil)
-Podesvir, Fina Casalderrey. Editorial Sotelo Blanco.
-As porcas porquiñas, Xosé Antonio Neira Cruz. Primeira versión. Biblioteca NOVA 33, Caixa Galicia
-Xograr Cangas e asociados, Xosé Antonio Neira Cruz. Xunta de Galicia
-María está a pinta-lo mar, Xosé Antonio Neira Cruz. Primeira versión, Xunta de Galicia
-Olo - Iepu – Iepu, Paula Carballeira. Editorial Galaxia
-Os catro amigos, adaptación de Xoán Couto. Kalandraka Editora. The musicians of Bremen, reedición en inglés deste mesmo libro para a editorial coreana Hansol Gyoyook.
-María está a pinta-lo mar, Xosé Antonio Neira Cruz. Editorial Everest Galicia
-Os ladróns de tixolas, Xosé A. Perozo. Ir Indo Edicións
-As porcas porquiñas, Xosé Antonio Neira Cruz. Editorial Everest Galicia
-Érase una vez… Lugo, Pécs, Tanum y Verona, varias autoras. Libro de contos e cd interactivo do European World Heritage Projec. Concellos de Lugo (España), Pécs (Hungría), Tanum (Suecia), Verona (Italia)
-A alfombra falsa, Xavier López Rodríguez. Editorial Everest Galicia
-A raposa no galiñeiro, Antonio Reigosa. Museo Provincial de Lugo
-Endrina e o segredo do Peregrino (reedición 2004), Concha López Narváez. Editorial Galaxia
-A viaxe a Compostela de Renato Ratoni, ( Edición en galego, castetán e italiano) Xosé Antonio Neira Cruz. Xunta de Galicia. Xacobeo 2004
-O cocho de carreiras Rudi Fuciños, Uwe Timm (reedición 2005). Editorial Galaxia
-Tita, Concha Blanco. Editorial Everest Galicia
-A escola de Briador, Antonio Reigosa. Editorial Everest Galicia
-Os sons da buguina, Carlos Labraña. Baía Edicións
-Ketumba Ke Tamba, Xerardo Quintiá. Editorial Galaxia
-O castrón de ouro, Darío Xohán Cabana. Editorial Galaxia
-O Vixilante dos soños, Ana Carreira. Editorial Galaxia
-Boas noites, Paula Carballeira. Edicións Xeráis
-O sorriso de Rosalía, Cristina Sáez Cazallas. Editorial Everest Galicia
-Xela converteuse en vampira!!, Fina Casalderrey. Baía Edicións
-Améndoas e flores silvestres, David D. Vázquez Álvarez. Baía Edicións
-Historias maravillosas de la Biblia. Edición en castelán, galego, vasco e catalán. Editorial Everest
-O galo quirico, texto popular. Editorial Galaxia
-Arrolos e rodas, textos populares. Editorial Everest Galicia
-O segredo da lanterna verde, Antón Fortes, Mar Guerra, Elvira Riveiro, Xelís de Toro. Lagarto Pintado 2009. Xunta de Galicia
-A herdanza do Marqués, Conchi Regueiro. Baía Edicións
-A avoa Encarna fai niño, Xosé Antonio Neira Cruz. Editorial Everest
-Do A ao Z com Neira Vilas, María Canosa. Editorial Everest
-Guía ilustrada da Galicia Invisible, Antonio Reigosa. Edicións Xerais
-Noutra dimensión, Marica Campo. Editorial Galaxia.
-Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, Antonio Reigosa. Edicións Xerais

.

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Calendario
Publicacións
NOVAS / INICIATIVAS

Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:


Copia no cadro os seguintes números*:

* Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.


Coordinador de contidos: Antonio Reigosa
Coordinador técnico: Manuel Fernández Prado (Lugonet)
Diseño web de Lugonet