
| En Morás, Xove (Lugo), hai encantos. Vivían nos buratos que aínda hoxe se coñecen como "buratos dos encantos". Un daqueles encantos foi un día a unha festa e un home de Aldea, preguntoulle: —E, ti, ¿que fas aquí? O encanto, en vez de lle responder, repreguntou: —E, ti, ¿con que ollo me ves? —Co esquerdo —dixo o home de Aldea. E vai o encantao e sacoulle o ollo para que non o volvese a ver. |
|
BIBLIOGRAFÍA |
CATEGORÍAS RELACIONADAS |