Galicia Encantada
Actualizado en data 07/02/2010
Lista de correo
Envía unha lenda
Búsqueda por topónimo
ou calquera outro elemento

Campo da Matanza, en Conforto

Hai moitos topónimos iguais ou semellantes a este. As explicacións referentes á orixe do nome son parecidas en todos os casos. O Campo da Matanza da parroquia de Conforto, concello da Pontenova (Lugo), chámase así porque alí, vén de vello a historia, houbo unha batalla moi grande cando botaron ós mouros de España. Os mouros estaban no castro de Vilar de Conforto, que aínda hai tres ou catro trincheiras, e os españois estaban no lado de aló. Morreron moitos máis españois ca mouros porque, claro, non tiñan onde abrigarse.



BIBLIOGRAFÍA

Fonte.
Arquivo Chaira: Información de JOSÉ VILLAR RODRÍGUEZ, Conforto, A Pontenova (Lugo).

Bibliografía:
CARNERO, O., CUBA, X., REIGOSA, A. e SALVADOR, M.; Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances. Deputación provincial de Lugo, 1998.


CATEGORÍAS RELACIONADAS

Seres míticos
Xeografía mítica
Toponimia
DICIONARIO






Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:
  Copia no cadro de abaixo os seguintes números:


Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.