Galicia Encantada
Actualizado en data 07/02/2010
Lista de correo
Envía unha lenda
Búsqueda por topónimo
ou calquera outro elemento

A Cova das Augas Santas de Rececende

Na parroquia de San Xoán de Rececende, A Pontenova (Lugo) hai unha cova que hoxe ninguén sabe onde ten a entrada e pode que fose tapada. Debeu ser o primeiro lugar onde houbo imaxe de S. Xoán, patrón da parroquia.
Cóntase que nesta cova foi onde se refuxiaron os nativos cando chegaron os mouros á Costa dos Mouros, alertados polo rinchar dun cabalo.
Sendo mei pai moi neno, acompañou a unha muller, parente nosa, que viña co seu filliño tullido das pernas á Cova das Augas Santas. O meu pai levaba unha vela e tiña que procurar que non se lle apagase senón a curación xa non era posible.


BIBLIOGRAFÍA

Fonte:
Arquivo Chaira: Información de José Antonio Alonso González, Rececende (S. Xoán), A Pontenova (Lugo), 1996.
Bibliografía:
Carnero, O., Cuba, X., Reigosa, A. e Salvador, M.; Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances. Deputación provincial de Lugo, 1998.
Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., "Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda", en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63.


CATEGORÍAS RELACIONADAS

Medicina
Mitoloxía relixiosa
Ritos, Obxectos..
Seres míticos
Xeografía mítica




COMENTARIOS ENVIADOS

Me gustó mucho elcomentario y este sitio de LUGONET. Desde Buenos AIRES,les escribe una gallega,lucense para mas datos, que sus padres trajeron a la Argentina hace sesenta años.Cuando retorno a la tierra donde nací(CHACIN-RIOTORTO-LUGO) siento que todos los verdes del prado me pertencen y el sonido del viento me dá su bienvenida. María Delia

Enviado por MARIA DELIA GAVIN o 26/09/2007 ás 14:30:56




Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:
  Copia no cadro de abaixo os seguintes números:


Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.