
| Falando de dous dos ríos da nosa comarca dicían os nosos antergos que alí onde se xuntan hoxe o río Sarria e o Neira, nos lindes entre os concellos de Láncara e O Corgo, na provincia de Lugo, no lugar de Trambeloríos, houbo, hai como moitísimo tempo, alí a carón, como unha cativa aldea coa súa igrexa. É de supoñer que daquela aínda estes dous ríos non se xuntarían neste lugar concreto pero co tempo e debido á posible variación dos cauces, a aldea foise afundindo para quedar asolagada totalmente polas augas. Disque moito tempo despois de todo aquilo, e cando naqueles duros invernos de moita enchente que coañaban os leitos abandonados como debullados. Algúns chegaron a asegurar que nos claros mediodías dos meses de verán por intres podíase albiscar aínda o cumio do campanario da igrexa de Trambelosríos. [Texto remitido por Eladio Bernabé Fernández, residente en Chousa, O Corgo (Lugo). Esta lenda foi escoitada dun que xa morreu, e a el tamén lla contaran os seus devanceiros. Mesmo, non se sabe o motivo, alí, nas augas da confluencia, deixaron a vida unhas tres persoas] |
|
|
CATEGORÍAS RELACIONADAS |