Galicia Encantada
Actualizado en data 07/02/2010
Lista de correo
Envía unha lenda
Búsqueda por topónimo
ou calquera outro elemento

A casa encantada de Portocelo

En Portocelo, Xove (Lugo), hai un edificio de pedra construído no século XVIII ou XIX, de muros grosos, cuberta a catro augas e esplendidas vistas ó mar.
Nin o actual propietario, nin os seus devanceiros inmediatos, viviron nela. E mesmo contan que o que a fixo era un tipo raro.
Na casa pasaron e aínda pasan cousas raras. Unha vez que durmiran nela unha cuadrilla de homes, amenceron ó día seguinte coas cabezas postas no lado contrario do que se deitaran e cos cordóns dos zapatos amarrados ós do que tiñan ó lado.
Teñen metido burros a durmir nela e pola mañá amencen cubertos de suor, unha pinga en cada pelo.
Non hai moito tempo un home de Viveiro quedara antes do amencer diante da casa co dono para andar ó calamar; e viu como a cadea da leña estaba atravesada de parte a parte da estrada. Máis soprendido quedou o dono da casa cando llo contou; había moito tempo que non se andaba coa tal cadea.
E tamén hai pouco meteron na casa patacas da semente de tamaño normal pero ó día seguinte aquelas patacas mermaran ata o tamaño dun ovo de pomba.
Seguro que hai máis rarezas desta casa que non coñecemos, pero agardámolas.


BIBLIOGRAFÍA

Fonte:
COLEXIO PÚBLICO DE XOVE, A fonte da vida longa, concello de Xove, 1989, p. 46.


CATEGORÍAS RELACIONADAS

Edificios encantados






Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:
  Copia no cadro de abaixo os seguintes números:


Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.