1.-Santa Comba de Covas
|
CATEGORÍAS RELACIONADAS
|
COMENTARIOS ENVIADOS
muito ha que ler e guardar na memoria presente
parabens vou ter o prazer de ver a irma galiza e sua cultura.
Enviado por Antonio Lourenco fontes o 24/04/2008 ás 19:11:10
Santa Comba de Covas. A verdade é que o concurso, tendo Google, é doado.
Enviado por Lázaro M. o 01/05/2008 ás 23:32:31
Para Lázaro M.Identificar é doado, si, pero o mérito está en achegar algunha lenda ou referencia nova a cada caso.
Enviado por Traslido o 02/05/2008 ás 14:39:54
En ferrol es santa comba e esa praia e a que se di que hai un ser mitoloxico
Enviado por Maria Manuela o 15/05/2008 ás 17:54:19
O nome é Santa Comba de covas
Enviado por María o 24/04/2008 ás 20:20:30
Esta é a ermida de Sta.Comba,na praia do mesmo nome,parroquia de Covas,no concello de Ferrol.Cando sube a marea,a ermida queda nun illote,dende o que hai unha fermosísima vista dos penedos chamados Os Cabalos,en fila na punta de Cabo Prior.Según as lendas que contan @s anciáns do lugar,a esta praia (Sta.Comba),chegou a santa nunha barca de pedra,acompañada por San Xurxo,que quedou nunha praia perto desta,que leva o nome do santo.Tamén según lendas orais,a santa era antes unha meiga –malísima- pero atopouse con Xesucristo no seu devagar polo mundo e este ameazouna :”Enmeigar enmeigarás,pero no meu reino xamáis entrarás”.E Sta.Comba non só se arrepentíu , senón que se volveu tan boa que chegou a santa.Anque algo de meiga lle quedaría para poder navegar en barca de pedra,non si?
Enviado por Maribel Serantes o 26/04/2008 ás 15:35:14