Galicia Encantada

· CONCURSO
· ÁREA RE-CREATIVA
· COLABORADORES
· DICIONARIO
· DIDÁCTICA DA FANTASÍA
· FLOR DE MESTRES
· MEDIATECA
· O QUE SE DI
· OUTRAS FANTASÍAS
· PREMIOS
· REVISTA
· RUTAS ENCANTADAS
· NOVAS
· A Morte
· Andel de Marabillas
· Astroloxía
· Augas
· Calendario
· Cocos, monstros
· Edificios encantados
· Fauna
· Flora
· Galicia desaparecida
· Heroes
· Historias encantadas
· Lendas urbanas
· Literatura oral
· Lume
· Medicina
· Mitoloxía relixiosa
· O alén
· O demo
· Pedras
· Publicacións
· Ritos, Obxectos..
· Sabía que...
· Santiago en Galicia
· Seres míticos
· Toponimia
· Webs encantadas
· Xeografía mítica
· Xogos


4.-Castro de Viladonga


Ver mapa más grande. Bases do concurso.

CATEGORÍAS RELACIONADAS

CONCURSO

COMENTARIOS ENVIADOS

Este é doado: o castro de Viladonga. Deste creo que si que había unha lenda propia, o que non recordo é onde a lin... Contan que o outeiro do Castro está oco e na súa cavidade hai unha galiña cos seus pitos de ouro. Ás veces óese cacarexala galiña e pia-los pitos. Unha vez un home de Goberno trouxo a un seu amigo para escoitaren os pitos e a galiña, mais descubriuse que o vello de Goberno levaba no bolso un reloxo.... co seu tic-tac facíalle crer que era a galiña que vivía na cova do Castro" (citado por Felipe Senén).

Enviado por Lázaro M. o 01/05/2008 ás 23:40:36


Dende o Castro de Viladonga queremos colaborar nesta tarefa de recuperación da tradición oral que estades a desenvolver polo que vos enviamos todas as lendas que sobre o xacemento ten recollidas Felipe Senén e que están publicadas no artigo "O Folklore do Castro de Viladonga i da súa bisbarra", Lugo 1977:
Construccións soterradas:
"Tiñan unha galería baixo terra no lugar de "As Trabes" pra collela auga da fonte e máis do rio... a entrada ainda se ve na finca de Antonio Rodriguez..." (M. Álvarez)
"Andaba un veciño arando cas vacas no lugar das Trabes cando un animal afondeuse, tragouno a terra, e houbo que sacalo... dempois os veciños andiveron un pouco polo buraco que descubreu a vaca, pero pillaron medo e fuxiron.
O buraco daba a un canal que dín que por il baixaban os fenicios i os mouros a buscala auga. Precisamente dende Fonte de Arriba de Villadonga parte un canl moi ben empedrado... isa fonte foi preparada xa disa época.
A furada que fixo a vaca rellenouse, pero ainda se nota un pouco ahora. O canal é feito todo natural, non ten boveda de pedra, é coma un tunel dun tren... Cando as agras estaban a centeo había tiras nas que non medraba fruto, porque debaixo podía haber canales" (J.B.Iglesias)
"Nas Trabes, na finca de Ramón de Palmeiro hai unha boca pola que os mouros levaban a bebelos cabalos..." (C. da Vega)
"Entrando, na mesma Eira Grande do Castro e na mau direita había un puzo con catorce escalós moi ben feitos, como os dunha casa... por iles botabamos a roulalas pedras i escoitabamos o retumbar de dentro do burato... dabanos medo pasar máis alo da luz.
Tamén había, máis abaixo outra entrada a unha mina...". (R. Abelleira)

Outras construccións:
"Na Eira do Castro habia unha vila coas paredes moi ben feitas de lousas asentadas... cando estaba a cultivo atopabanse tellas, laxes e rodas de muiño... o nome de Villadonga ven disa vila antigua" (J.B. Iglesias)
"Recordo que de pequeno cando iba cas ovellas, vianse as chouzas dos mouros, redondas e cuadradas, delas casas i valados do Couto de A. Villadonga i Ansemar..." (R. Abelleira)

Outros asentamentos no entorno do Castro:
"No Castrelo de Villadonga hai unha engroba que o mesmo que a Rodela de Balmonde era unha avanzadilla dos mouros do Castro Grande" (I. López)

Sobre outros castros da bisbarra:
"Abaixo, en Ameixende hai un Castro que ten un fundido polo que tamén pasaban os mouros a beber"
"Decíase que (en Ameixende) enterrada había unha galiña cos pitos de ouro" (M. Blanco)

A galiña cos pitos de ouro:
"O Outeiro do Castro está hoco e na sua cavidá hai unha galiña cos seus pitos de ouro. AS veces oese cacarexar á galiña e piar as pitos.
Unha vez un home de Cuberno trouxo a un seu amigo pra escoitaren aos pitos i á galiña, máis descubreuselle que o vello de Guberno levaba no bulso un reló... co seu tic-tac facialle creer que era a galiña que vivia na cova do Castro" (R. Abelleira)

Tesouros:
"O Castro está hoco e por debaixo hai unha mina de ouro. Entrase a ela polo buraco de ao pé do camiño que leva á Eira grande do Castro... Hai máis entradas pero difíciles de atopar, i hai que se amañar moito pra furar por elas" (R. Abelleira)
"O Pepe de Palmeiro estaba arando na terra e viu que quedaba enganchada na grade un semicirculo de ouro como unha coroa que seica está nun Museo galego..." (J.B. Iglesias)
"Unha vaca dun veciño de Villadonga meteu os cornos por un furado dun valado e sacou con iles unha argola de ouro coma un collar, a vaca botou a correr... colleronna e fixeronse ca argola que ben logo foi un ben prá casa" (R. Abelleira)
"Un veciño de Couto de A. topou ante as laxes dun valado un tubo de ouro que vendeu a un señor de Santiago..." (M. Castiñeiras)
"Nas Trabes topouse coma un embozo dunha vaca cunha especie de rede e din que era de ouro". (M. Álvarez)
"Na finca de Ramón de Palmeiro hai xa moitos anos apareceron cachos de ouro" (C. da Vega)
"Ainda non hai moitos anos viñeron unhos obreiros de Lugo, mandados, e cas piquetas bot

Enviado por Museo do Castro de Viladonga o 09/05/2008 ás 14:17:20


O Castro de Viladonga atópase na parroquia de Viladonga, concello de Castro de Rei, provincia de Lugo.
O xacemento ocupa unha extensión aproximada de 4 hectárea e está a unha altitude de 535 m sobre o nivel do mar.
Realizáronse traballos arqueolóxicos dende 1971 ata 1978 grazas a iniciativa de Ramón Falcón Rodríguez.
Acháronse materiais da época tardorromana. No ano 1911 atopouse un torque de ouro de 20 kilates que se amosa no Museo Provincial de Lugo.


Enviado por Marghó o 29/04/2008 ás 23:44:28


Enviar comentario a este artigo:
Texto:
Autor:


Copia no cadro os seguintes números*:

* Este é un sistema de filtro anti-spam instalado para evitar que o buzón de contacto se encha de mensaxes de publicidade non desexada enviados automaticamente por programas de spam. Serve para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un programa.

Coordinador de contidos: Antonio Reigosa
Coordinador técnico: Manuel Fernández Prado (Lugonet)